A xornada completouse coa actuación Karaoke Deportivo dos Bolechas, a través do programa FalaRedes da Xunta de Galicia
Burela, 8 de agosto de 2026. O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os Bolechas. A Festa da Multicultura de Burela, unha nova publicación protagonizada polos populares personaxes infantís e dedicada nesta ocasión á diversidade cultural que caracteriza a vila.
No acto participaron a alcaldesa de Burela, Carmela López; a concelleira de Cultura, Lina Gómez; e a cronista oficial de Burela, Herminia Pernas, que foi a encargada de afondar na realidade multicultural do municipio e na importancia que esta tivo e continúa tendo na configuración da sociedade burelá.
O libro leva aos Bolechas por diferentes espazos recoñecibles da vila, como a Praza da Mariña, o porto, as praias da Marosa e do Cabaliño ou o Parque Rosalía de Castro. Ao longo da historia aparecen personaxes con raíces en diferentes países que comparten as súas roupas, músicas, instrumentos, comidas e linguas, nunha celebración da amizade e da convivencia.
Durante a súa intervención, Herminia Pernas destacou a multiculturalidade como unha das características que mellor definen a Burela actual e puxo en valor a contribución das familias chegadas de diferentes partes do mundo á vitalidade demográfica, social e comunitaria do municipio.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, sinalou que «é moi bonito que un libro dirixido aos máis pequenos mostre unha realidade que eles mesmos viven cada día en Burela. Queremos que aprendan desde pequenos a coñecer e valorar a riqueza que supón convivir con persoas, culturas e tradicións diferentes».
Ademais, todos os nenos e nenas que acudiron á presentación recibiron un exemplar do libro de agasallo, co obxectivo de que a historia poida continuar nas casas e compartirse tamén en familia.
Trátase, ademais, do terceiro libro dos Bolechas dedicado a Burela. Despois de O bonito de Burela, publicado en 2019 sobre a costeira do bonito e Os bolechas comen peixe en Burela, chega este novo volume que pon o foco na multiculturalidade da vila.
Os Bolechas, tamén sobre o escenario
Tras a presentación do libro, Os Bolechas foron tamén protagonistas da tarde co espectáculo Karaoke Deportivo, unha actividade chegada a Burela a través do programa FalaRedes da Xunta de Galicia, coa que pequenos e maiores puideron cantar, xogar e participar xunto aos coñecidos personaxes.
A actividade completou unha tarde especialmente pensada para o público familiar, na que literatura, música e diversión serviron tamén para poñer en valor a convivencia e a diversidade que forman parte da realidade cotiá de Burela.























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



