Trabada, 10 de agosto de 2026. O Concello de Trabada traslada á veciñanza información detallada sobre a eclipse solar total que terá lugar este mércores, 12 de agosto, un fenómeno astronómico excepcional que poderá observarse desde o municipio e que terá a súa fase de totalidade ao redor das 20:28 horas.
Segundo os datos do Observatorio Astronómico Nacional, en Trabada a eclipse comezará ás 19:31 horas, mentres que o inicio da totalidade está previsto para as 20:27:12 horas. O máximo da eclipse producirase ás 20:28:06 horas, alcanzándose nese momento o 100 % de ocultación do Sol, e a totalidade rematará ás 20:28:54 horas. A eclipse completa finalizará ás 21:21:30 horas, cunha duración total de aproximadamente 1 hora e 50 minutos, mentres que a fase de totalidade terá unha duración de 1 minuto e 46 segundos.
Para facilitar a observación deste fenómeno, o Concello de Trabada puxo á disposición da Subdelegación do Goberno o Alto da Cadeira como punto recomendado para a observación no municipio. Este enclave conta cunha zona de ampla visibilidade e tamén con espazos de aparcamento, polo que ofrece unhas boas condicións para gozar da eclipse.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que “estamos ante un fenómeno astronómico excepcional que teremos a oportunidade de vivir desde o noso propio territorio. A eclipse vai ser un acontecemento moi especial e desde o Concello queremos facilitar que a veciñanza e todas as persoas que se acheguen a Trabada poidan desfrutalo con seguridade e nas mellores condicións posibles”.
O rexedor anima tamén a “aproveitar esta oportunidade para mirar ao ceo e vivir un fenómeno que non se repetirá en moitos anos nas mesmas condicións, facendo do Alto da Cadeira un dos puntos de referencia para a súa observación”.
Dentro das iniciativas vinculadas á eclipse, o Concello, coa colaboración da Deputación de Lugo, realizou tamén o reparto de gafas homologadas para a observación solar entre os nenos, nenas e mozos e mozas participantes nos campamentos infantil e xuvenil municipais.
Ademais, o próximo mércores 12 de agosto, o Motoclube A Cadeira organizará unha xuntanza no Alto da Cadeira para seguir a eclipse desde este enclave. No marco desta actividade tamén se repartirán unidades de gafas para facilitar unha observación segura do fenómeno.
Desde o Concello lémbrase a importancia de non observar nunca o Sol directamente sen protección ocular adecuada e de empregar exclusivamente gafas específicas e homologadas para a observación solar.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



