Riotorto, 30 de setembro, 2026. Adega Don Pedro Leivas, proxecto familiar e artesanal situado en Espasande de Arriba (Riotorto), conseguiu dúas medallas na XVI edición do Salón Internacional de les Sidres de Gala (SISGA), celebrada en Xixón entre o 24 e o 27 de setembro.
O llagar lucense obtivo unha Medalla de Ouro na categoría de Aguardiente de Sidra e unha Medalla de Prata na categoría de Licor de Sidra, dous recoñecementos a elaboracións propias feitas a partir da transformación de mazá autóctona.
A edición de 2026 reuniu 323 produtos de 124 llagares de 35 países e territorios sidreiros, valorados mediante cata cega polo Xurado Internacional do SISGA.
Ouro para un espirituoso con 36 meses de crianza
A Medalla de Ouro foi para o Espirituoso de Sidra Salvaxe, elaborado no alambique propio a partir de sidra natural e bagazo de mazá. O destilado madura 36 meses en barrica de carballo e acadou 86,5 puntos sobre 100. Na edición anterior xa lograra unha Medalla de Prata na mesma categoría.
Prata para un vermú de sidra
A Medalla de Prata na categoría de Licor de Sidra recoñece o Amargo de Sidra Salvaxe, un vermú elaborado con base de sidra natural e macerado con diversos botánicos, entre os que destaca a selección de peras silvestres da zona.
Este galardón supón a segunda medalla para Adega Don Pedro Leivas nesta edición, sumándose ao Ouro do seu Espirituoso de Sidra Salvaxe.
Poñer en valor a mazá desde o territorio
Desde a adega sinalan que estes recoñecementos avalan unha forma de traballar baseada na materia prima local, os procesos artesanais e a transformación do produto desde o propio territorio.
“Este recoñecemento vai moito máis alá dun premio ás nosas botellas; é o respaldo a anos de esforzo por dignificar o medio rural e a tradición sidreira en Galicia”, explican desde a dirección.
A filosofía do proxecto parte dunha realidade coñecida de primeira man: o escaso aproveitamento da mazá producida na zona.
“Acostumbráramonos a ver as mazás podrecer no chan ou venderse a prezos que apenas cubrían a recollida, cando aquí temos unha materia prima de primeira calidade”, engaden.
Os dous premios obtidos en Xixón poñen o foco nun proxecto artesanal nacido no rural lucense e nas posibilidades de transformar a mazá galega en produtos diferenciados e de maior valor engadido.
Sobre Adega Don Pedro Leivas
Situada en Espasande de Arriba (Riotorto, Lugo), Adega Don Pedro Leivas é un proxecto familiar dedicado á elaboración de sidra natural, destilados de mazá, vermús, licores, zumes e vinagres. Traballa con variedades locais e combina procesos tradicionais —como a fermentación natural e a destilación en alambique propio— con técnicas de transformación e maduración orientadas a poñer en valor o potencial da mazá e do territorio.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



