A Mención Especial do Xurado recaeu na curta “El cuerpo de Cristo”
Ribadeo, 10 de agosto, 2026. O Festival de Cine Curto de Ribadeo clausurou este sábado a súa quinta edición cunha gala celebrada no Teatro de Ribadeo, na que Cara de cona, dirixida por Guillermo de Oliveira, foi distinguida co Premio do Público, mentres que El cuerpo de Cristo, de Bea Lema, recibiu a Mención Especial do Xurado.
A gala, presentada polo xornalista ribadense Fabián Pérez, colaborador do programa Todo es mentira, reuniu máis de 300 persoas, completando o aforo e deixando público de pé nos laterais e na parte posterior da sala. O seu estilo, cheo de humor, improvisación e referencias á cultura galega, foi amplamente celebrado polos asistentes e polos cineastas presentes.
A clausura confirmou o forte seguimento dunha edición que xa rexistrara unha alta participación nas xornadas do xoves e do venres, consolidando o festival como unha das citas culturais imprescindibles do verán na Mariña.
Premios e recoñecementos
O Premio do Público, decidido polas votacións da sesión competitiva do venres no Cine de Ribadeo, foi entregado polo actor, músico e produtor lucense Xoán Fórneas, padriño desta edición. O galardón inclúe unha achega económica para apoiar a distribución da curtametraxe e a estatuíña do Mariñán, símbolo do festival.
Guillermo de Oliveira agradeceu o recoñecemento e destacou a emoción de ver “unha sala de cine chea nun festival de curtametraxes, algo que non é habitual”. Tamén subliñou que Cara de cona foi rodada na provincia de Lugo e que esta era a súa primeira participación nun festival lucense.
A Mención Especial do Xurado para El cuerpo de Cristo recoñeceu “a singularidade e o coidado da proposta artística, o traballo detrás de cada bordado e a sensibilidade coa que aborda os límites da memoria e do trauma”. A súa autora, Bea Lema, enviou un vídeo agradecendo o premio e explicando que a obra está baseada no seu cómic homónimo, empregando o bordado como ferramenta narrativa.
Un festival que reivindica o cinema curto
Na súa intervención, Xoán Fórneas reivindicou a curtametraxe como un espazo de liberdade e experimentación, e destacou o potencial da provincia de Lugo como territorio cinematográfico. O artista xa participara na xornada inaugural cun concerto do seu proxecto musical O Xoán.
A gala incluíu tamén unha emotiva homenaxe á música de cinema coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, que interpretou pezas de Los Miserables, El fantasma de la ópera ou Mamma Mia! acompañadas dunha montaxe audiovisual en directo.
Cinco anos de crecemento
A directora do festival, Carme Rodríguez, fixo balance destes cinco anos nos que o certame recibiu máis de 500 curtametraxes, consolidando un modelo no que o público decide o premio principal. Agradeceu o apoio das institucións e entidades colaboradoras e reivindicou o Cine Teatro de Ribadeo como espazo esencial para a cultura local.
A edición pechou coa proxección de Cara de cona e cun Teatro de Ribadeo totalmente entregado, demostrando que o cinema curto ocupa xa un lugar destacado na programación cultural da comarca. O éxito de asistencia e participación abre a porta a futuras edicións dun festival que continúa medrando e reforzando o seu compromiso co audiovisual de proximidade.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



