Cervo, 26 de xuño de 2018.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés mantiveron un encontro cos membros do Club Limosa Surf, para trasladarlles que “a primeira semana de xullo será a data na que se comece a construír a pista profesional de skate (bowl skate) no Parque Reina Sofía, de San Cibrao, detrás da Casa do Mar”. Un proxecto recollido nos orzamentos de 2018, asumido integramente con fondos municipais, que foi pensado e definido conxuntamente por esta entidade e o propio Concello.
Tal e como apuntou o rexedor “en menos de dous meses, en Cervo contaremos cunha das poucas pistas homologadas que hai en Galicia para este tipo de competicións, e a única na Mariña destas características”. Cremos que esta nova instalación “aportará modernidade e dinamismo ao centro da vila, dándolle incluso un toque máis urbanita”
A estrutura quedará perfectamente integrada na contorna –engadiu- “e foi concibida como un punto de encontro para a mocidade do Concello, con fin de que poidan desfrutar ao tempo deste deporte, tendo en conta a afección que hai a día de hoxe entre a xente moza polo mundo do patín”
O rexedor sinalou que o o parque biosaudable urbano que está ubicado nesa zona do Parque Reina Sofía non verá alterado en ningún caso o seu funcionamento a raíz da instalación desta pista “porque a noso obxectivo pasa tamén por fomentar e promover a actividade deportiva e os hábitos de vida saudable entre os nosos maiores; conseguindo deste xeito que convivan diferentes ambientes e diferentes xeracións nunha mesma zona na que terá un importante protagonismo o ocio e o deporte”.

























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
