Madrid, 31 de xullo 2018. O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, dirixe varias preguntas ao Ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, para que leve a cabo unha investigación sobre as causas da rápida baixada dos prezos que se pagan nas lonxas pola pescada de pincho en A Mariña (Celeiro e Burela).
O deputado de En Marea traslada ao Ministro a preocupación do sector pesqueiro que opera nos portos de Celeiro e Burela, debido á importante caída nos prezos da pescada que se paga aos pescadores en lonxa. Salienta Fernán Vello a relevancia que ten a pesca e a venda desta especie na Mariña, “unha actividade que adquiriu un grande prestixio pola calidade do produto, pero tamén porque é a principal actividade das comarcas pesqueiras mariñanas da que viven moitas familias”.
Débese investigar
O parlamentar de En Marea explica a Planas que o descenso no prezo da pescada de pincho leva producíndose desde hai meses, “pero a alarma veu neste mes de xullo pola rápida redución co custe”. Pon de manifesto que Celeiro e Burela son os principais portos de pescada de Europa, mais “estáse a pagar en lonxa menos de dous euros por quilo cando o habitual sitúase en torno aos 5 euros”.
Miguel Anxo Fernán Vello solicita ao Ministro que se interese por este problema, manteña unha xunta co sector, e realice un control debido a que “se está a detectar a entrada de elevados volúmenes de pescada de calidade inferior e que se comercializa a prezos moi baixo”.
“Recibiu o Ministro a alarma do sector por este problema? Que medidas vai adoptar? Sabe o Ministerio que a captura da pescada de pincho do Gran Sol é a principal actividade na área de A Mariña? Comparte a necesidade de facer campañas de información dirixidas aos consumidores sobre as propiedades e características desta especie?”, son algunhas das preguntas que plantexa ao Ministro.