Foz 31 de xullo de 2018. O responsábel local do BNG-Foz, Francisco Xavier Fanego acompañado de Luisa Vivancos (presidenta da ANPA do CEIP Nº1 de Foz) e de membros do Consello Local entregaron hoxe no Rexistro do Concello 721 sinaturas que reclaman o cumprimento do acordo plenario unánime, que por un lado pide a execución da retirada do mastro situado no tellado do edificio da Telefónica , e por outro que nunca máis se volvan a instalar nese lugar antenas de telefonía móbil ou calquera outro aparello que poida poñer en perigo a saúde dos membros da comunidade educativa do Colexio e dos veciños e veciñas do barrio .
O BNG agradece a colaboración a todas as persoas asinantes do escrito , e moi especialmente a Asociación de Nais e Pais do Colexio e toda a comunidade educativa polo traballo realizado para conseguir as sinaturas .
O cumprimento do acordado no Pleno no mes de setembro do ano pasado faise agora inescusable . O Alcalde debe esixirlle a Telefónica que retire o mastro sen máis dilación , esixencia avalada polo voto de todos os membros da Corporación Municipal , que son os e as representantes da soberanía popular , e a maiores , polas sinaturas dos veciños e veciñas . De nada vale aprobar mocións se despois non hai vontade de executalas . Unha empresa, por moi potente que sexa, non pode estar por riba das veciñas e veciños de Foz , aos que se lles esixe o cumprimento das disposicións da autoridade municipal.
Así mesmo , o Goberno Municipal debe obrigar á empresa a dar unha solución definitiva ao problema dos ruídos procedentes do interior do edificio e a reparar as tuberías situadas nas súas fachadas, que se atopan nun estado de mantemento lamentable, completamente oxidadas e vertendo auga nas beirarrúas cando chove .



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



