Barreiros, 9 de agosto, 2026. A carón da capela de San Caetano tivo lugar este domingo a presentación oficial da Romaría de San Caetano, que se celebrará os días 15 e 16 de agosto. No mesmo acto realizouse tamén o pregón, a cargo de Francisco Javier Fraga Fernández, colaborador histórico da romaría e da Festa da Tortilla desde hai case corenta anos. Ao longo de todas estas edicións, Fraga encargouse da elección e coordinación do xurado, ademais de actuar como animador de eventos emblemáticos como o Baile do Farolillo e de mestre de cerimonias nas entregas de premios.
Nado en Celeiro de Mariñaos en 1960, Javier Fraga é un profundo coñecedor das tradicións da parroquia. No seu pregón, cheo de anécdotas, humor retranqueiro e lembranzas persoais, conseguiu emocionar tanto ao público como a el mesmo, nun discurso que puxo en valor a identidade e a memoria colectiva da romaría.
A Asociación Irmandade San Caetano presentou tamén o programa festivo, mantendo a esencia que caracteriza esta celebración desde hai preto de corenta anos: palco de lona e chan de herba, música en directo, actividades lúdico-musicais para nenas e nenos, música tradicional e unha oferta gastronómica que inclúe as populares tortillas. “Por enriba de todo, o máis importante é o disfrute en comunidade”, sinalan desde a organización.
Os trofeos do concurso de tortillas foron elaborados pola artista local Olivia Canoura, veciña de Celeiro de Mariñaos. O deseño do cartel e a imaxe gráfica da festa é obra do creador David Ribas Pena.
🎉 PROGRAMA
Sábado 15 de agosto
11:30 – 13:30 · Presentación das tortillas para o concurso no campo da festa
(Todas as persoas participantes recibirán un agasallo ao entregar a súa tortilla)
13:00 · Misa na capela e procesión acompañada por O Arco da Vella
A continuación · Gran Sesión Vermú coa Agrupación Folclórica O Arco da Vella (San Miguel de Reinante) e a actuación da Charanga Sorcha (Ourense)
· Degustación das tortillas do San Caetano
19:00 · Espectáculo infantil: Pulpiño Viascón – “O Sombreiro Máxico”
20:00 · Xogos tradicionais
22:00 · Verbena con Toxo Guayaba, música cubana con alma galega
· Baile do Farolillo
· Entrega de premios
· Gran chocolatada para pechar a xornada
Domingo 16 de agosto
13:30 · Gran Sesión Vermú coa Charanga Bamboleo (Rábade)
· Servirase xamón cocido e cunca de caldo
17:30 · Concurso Máster Tortilla
18:00 · Entrega de premios e clausura da festa
🥚 Bases do Concurso de Tortillas
A presentación das tortillas realizarase o sábado 15 de agosto, de 11:30 a 13:30, no campo da festa.
Cada participante recibirá un agasallo por cada tortilla presentada.
Cada tortilla levará un número asignado pola organización e un nome elixido polo/a concursante, acompañada dunha nota cos ingredientes.
Os ingredientes obrigatorios son ovo e pataca.
Premiaranse: a tortilla máis grande, a de mellor sabor, a mellor presentada e a máis innovadora.
Cada tortilla só poderá optar a un premio.
A entrega de premios terá lugar durante a verbena do sábado.
O xurado estará composto por cinco persoas designadas pola organización.
A interpretación das bases corresponde ao xurado, así como a resolución de dúbidas.
O fallo do xurado é definitivo e inapelable.
🔥 Concurso Máster Tortilla
Celebrarase o domingo 16 de agosto ás 17:30 no campo da festa.
Participarán seis parellas, que deberán inscribirse ata o día anterior.
A organización proporcionará tixola, utensilios, ingredientes e fogóns.
Haberá premios á tortilla de mellor sabor e á tortilla feita en menos tempo.
🤝 Organiza
Irmandade San Caetano
🏛️ Colaboran
Vicepresidencia Deputación de Lugo – Cultura – Medio Rural
Concello de Barreiros
Gadis
Cenor






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



