A Mariña, 14 de agosto, 2026. Ribadeo volveu converterse este xoves 13 de agosto no escenario dunha asociación que explica a personalidade do Festival Bal y Gay: unha gran formación sinfónica galega, un programa que atravesa varios séculos de música e un espazo patrimonial que transforma inevitablemente a escoita. A Real Filharmonía de Galicia (RFG), dirixida por César Ramos, regresou así a un festival ao que está estreitamente vinculada desde hai anos e que, nesta 13ª edición, volve situar a música sinfónica no corazón da Mariña. Foi unha das citas máis recoñecibles do festival, que continúa este venres 14 (Auditorio Casa da Cultura de Burela, 20:30) coa velada lírica de Santiago Ballerini, Berna Perles e Javier Carmena.
O concerto, celebrado na igrexa de Santa María do Campo, tivo o valor engadido de producirse nun lugar que non é unha sala de concertos convencional, senón parte esencial do patrimonio histórico de Ribadeo. O templo, antigo convento franciscano, conserva elementos de distintas épocas, entre eles as súas portadas góticas do século XIV, arcos románicos e retablos barrocos do XVIII. Abandonado polos franciscanos, pasou a ser parroquia en 1835 e foi reformado e ampliado posteriormente, configurando o singular espazo que hoxe acolle a música.
GRAN AMPLITUDE ESTILÍSTICA NUN TEMPLO CON SÉCULOS DE HISTORIA
Nese contexto, a RFG propuxo un percorrido de gran amplitude estilística. O programa reuniu a Georg Muffat (Concerto grosso n.º 12 en Sol maior Propitia Sydera); Joseph Haydn (Obertura de O mundo da lúa); Henri Duparc (Aux étoiles); Carolina Rodríguez (Arborescente); e Wolfgang Amadeus Mozart (Sinfonía n.º 41 en Do maior, K. 551 Xúpiter). O itinerario ía, por tanto, do barroco de Muffat ao clasicismo de Haydn e Mozart, coa sensibilidade francesa de Duparc e a creación contemporánea de Rodríguez como pontes cara a outras linguaxes sonoras.
A elección resultou especialmente coherente cunha das sinais de identidade do festival: a vontade de non encerrar a música clásica nunha única época nin nun único formato. A programación desta 13ª edición do Festival Bal y Gay percorre precisamente un arco que vai do gran repertorio barroco á música contemporánea, pasando polo romanticismo, a ópera e a zarzuela. Así mesmo, o interese de escoitar unha orquestra sinfónica fóra do seu contorno habitual: cada igrexa, catedral ou espazo histórico obriga a replantexar dinámicas, tempi, articulacións e balances.
En Santa María do Campo, esa relación entre arquitectura e son volveu ser protagonista. A música non se desenvolveu ante a neutralidade acústica dun auditorio moderno, senón nun templo con séculos de historia, onde a resonancia forma parte da experiencia e obriga a escoitar doutra maneira. A RFG asumiu así un dos principios esenciais do Bal y Gay: que o lugar non sexa un mero continente, senón un elemento activo de cada concerto.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



