Lugo, 30 de xullo 2018. O voceiro do BNG na Deputación de Lugo anunciou as iniciativas que presentarán mañá no Pleno da Corporación Provincial. Serán tres as iniciativas coas que o BNG tentará que o goberno da Deputación tome iniciativas en favor de mellorar a calidade de vida das persoas que viven nos concellos lucenses. “O BNG está a facer propostas serías para mellorar a calidade de vida das persoas por que ese é o noso obxectivo” dixo Xosé Ferreiro.
Unha das iniciativas vai encamiñada a que todas as nenas e nenos en idade escolar da provincia de lugo teñan acceso ás piscinas climatizadas existentes na provincia cun programa no que a Deputación asuma a organización de cursos e actividades así como o transportes precisos para que estas actividade se leven a cabo. Ferreiro sinalou que “a maior parte destas piscinas que existen na provincia foron construídas coa colaboración económica de administracións de rango superior, polo que deben ter un uso comarcalizado”.
Outra das iniciativas do BNG é para a homoxeneización e mellora das condicións de traballo e eficacia dos GES (Grupos de Emerxencias Supramunicipais) na provincia de lugo. Estes servizos de emerxencia atópanse desgregados en distintas unidades que á súa vez dependen de varias administracións distintas. Estas unidades ou grupos teñen mandos distintos e unha dirección tamén distinta. “Por se iso non fora pouco, incluso estre estas unidades ou grupos de emerxencias teñen unhas condicións distintas de traballo, de formación ou de funcións, dependendo de que administración dependan ou incluso do lugar xeográfico onde traballen” afirmou o voceiro do BNG.
O BNG tamén reclamará na Deputación que se manteñan as condicións do programa Musiqueando tal e como se redactaron na convocatoria deste ano. Ferreiro explicou que “a deputada de cultura remitiu unha comunicación aos colectivos que participan, este ano, no programa Musiqueando e a moitos deles devólvenselles as facturas e comunícanselles unha serie de requisitos a cumprir que non figuraban nas bases do programa Musiqueando 2018”. “As formacións musicais xa cumpriron co seu compromiso de efectuar as actuacións e agora atópanse cunha devolución da factura” sinalou Ferreiro que pedirá que se reduza, na medida do posible, a carga burocrática que teñen que asumir as agrupacións que participan no programa Musiqueando e que se non se considere o programa Musiqueando como unha canle de contratación se non, tal e como naceu, como un programa de promoción cultural que permite e incentiva a actuación de colectivos culturais nas festas patronais e eventos que se celebran na provincia.


















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



