Viveiro, a 5 de setembro de 2018. Hai uns días coñecianse os datos sobre o número de persoas que visitaron Viveiro este verán, concretamente algo máis de 22.000 –. Son cifras boas, aínda que mellorables se nos comparamos cos máis de 65.000 que visitaron o veciño concello de Ribadeo.
Dende o PP de Viveiro non sabemos que imaxe levarían todos estes visitantes despois de comprobar como luciu o noso paseo marítimo de Covas hacia o final preto dos Castelos, onde dende principios de marzo se levantou e ata o día de hoxe permeneceu asi.
A Sra. Alcaldesa afirmaba en distintos medios a mediados de marzo, que o Concello impulsaría unha actuación “inminente” neste tramo e falaba de sacar a obra a contratación canto antes co obxectivo de que esta actuación non se demorase no tempo. Pois ben, unha vez máis comprobamos como as palabras nos van acompañadas de feitos, xa que cinco meses despois e unha vez transcurrida a época estival non se fixo absolutamente nada.
Dende o equipo de goberno dirán que non foi por deixadez, ainda que nós pensamos que si. Dirán que non tiñan cartos para facer a obra e que isto se vai a arreglar gracias a unha partida do Plan único da Diputación, en concreto 43.174 euros que lles adxudicaron en marzo deste ano, en fin, dirán moitas cousas para escurrir o bulto e tapar a súa incompetencia.
O único certo é que o paseo presentou este estado lamentable todo o verán, sen que fixeran absolutamente nada para que Viveiro ofrecese unha imaxe acorde a súa catalogación de Concello turístico. Por certo, non tiñan necesidade de esperar polos cartos da Diputación, con dedicar parte dos 244.000 euros recaudados por multas no 2017, poderían ter feitas seis obras coma estas.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro