Ribadeo, 1 de outubro de 2018.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, tomou parte hoxe na primeira actividade programada para este curso escolar na provincia pola Garda Civil dentro do Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos. Os actos, que contaron coa colaboración da Policía Local tiveron lugar no recinto portuario de Ribadeo, consistiron nunha exposición de medios e de varias demostracións e contaron coa participación de orredor dun milleiro de escolares de centros educativos de Ribadeo, Barreiros e Trabada. A subdelegada do Goberno estivo acompañada polos Capitáns Xefes da 4ª e a 1ª Compañía da Comandancia da Garda Civil de Lugo, así como polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e polas respectivas direccións dos centros escolares participantes.
Isabel Rodríguez destacou que ésta foi a primeira vez que participa neste tipo de demostracións na provincia o servizo marítimo da Garda Civil e remarcou a importancia de dar a coñecer á sociedade, sobre todo aos escolares, os distintos servizos que presta a Garda Civil. Ademais, a subdelegada do Gobeno agradeceu a implicación das forzas e corpos da seguridade do Estado para facer posible cada curso académico a celebración de numerosas actividades que se desenvolven nos distintos centros educativos da nosa provincia dentro do Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.
ALUMNOS DE SEIS CENTROS ESCOLARES
Nos actos, celebrados durante toda a mañá no porto de Ribadeo, tomaron parte alumnos do CEIP Gregorio Sanz, o IES Dionisio Gamallo, o CIFP Porta da Auga e o CPR Sagrado Corazón, todos eles de Ribadeo; así como o CEIP Xosé Luis Taboada, do concello de Trabada, e o CEIP San Cosme, situado no municipio de Barreiros.
Os alumnos dos seis centros escolares tiveron ocasión de asistir a exhibicións acuáticas, de cans adestrados, aéreas e de montaña, ademais de coñecer os medios que empregan distintos servizos da Garda Civil, xa que nesta demostración participaron membros da Unidade de Helicópteros, o Grupo de Actividades Subacuáticas, o Servizo Marítimo, especialistas de Montaña, axentes da Agrupación de Tráfico, de Seguridade Cidadá, o Servizo de Protección da Natureza, da Patrulla Fiscal, Tebyl, o Servizo de Intervención Rápida e da Policía Xudicial.
As demostracións e a exposición estática correron a cargo de persoal dos distintos servizos cos que conta a Garda Civil na comarca da Mariña e tamén doutros procedentes de distintos puntos de Galicia, como A Coruña, Ourense ou Trives. En total, participaron nestas actividades uns corenta axentes.
PLAN PARA A CONVIVENCIA
Ao abeiro do Plan Director para a Convivencia nos centros educativos prográmanse durante o curso académico charlas, impartidas tanto pola Garda Civil como pola Policía Nacional, para a formación dos escolares en temas de especial interese para os nenos e mozos como poden ser a prevención do acoso escolar, os riscos da internet e as redes sociais ou a violencia de xénero.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



