Ribadeo 11-3-19. A administración autonómica vén de remitir ao Concello de Ribadeo unha carta na que se recolle por escrito unha tripla oferta de colaboración:
1) A Xunta amplía o prazo para que o Concello remita a documentación necesaria para formalizar unha achega inmediata por valor de 46.000 euros para a mellora das instalacións do estadio municipal. Este importe poderá destinarse á mellora do terreo de xogo ou calquera outra actuación que se pacte coa entidades deportivas usuarias do estadio.
2) A Xunta está disposta a asumir de xeito integro o custe da mellora do terreo de xogo, e establece como fórmula para financialo facelo con cargo ao Fondo de Cooperación Local (o Concello recibe 425.000 euros cada ano da Xunta)
3) De optarse pola opción do financiamento integral da obra con cargo ao fondo de Cooperación Local, a Xunta mantén de xeito adicional e complementario a súa proposta de achegar, nesta anualidade, os 46.000 euros comprometidos pola Secretaría Xeral para o Deporte para financiar aquelas outras melloras que o Concello e entidades deportivas pacten no propio estadio.