Burela 11-3-19. O Pescados Rubén Burela FS participou hoxe nun fermosísimo acto na unidade residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, con motivo do Día Internacional da Muller. O centro de Cervo, coa directora María José Novoa á fronte, recibiu a Jozi e Peque, xunto á vicepresidenta do club, Cesarina Fanego, para recoñecer a traxectoria do equipo laranxa feminino e o seu recente gran paso pola igualdade laboral.
Ambas as entidades reuníronse para compartir as súas experiencias e opinións como impulsoras de iniciativas pioneiras no ámbito do empoderamento da muller. Así a unidade residencial puido achegarse aos detalles do primeiro convenio colectivo no deporte feminino en España e dende o club laranxa tamén se coñeceu a recente vivenda tutelada para mulleres maltratadas con enfermidade mental, outro proxecto único a nivel estatal.
Jozi, Peque e Cesarina pecharon a visita descubrindo de man dos propios usuarios talleres e outras actividades que se desenvolven no centro, ademais de recibir ánimo e sorte para o resto de tempada.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



