Ribadeo, 11 de marzo de 2019. No vindeiro pleno do Concello de Ribadeo abordarase a modificación do artigo 80 da ordenanza de protección medio ambiental. Con ela o que se persegue é que, por exemplo, os Cantos de Taberna que albergan algúns locais hostaleiros ou que organiza o Concello sexan legais, xa que coa normativa autonómica que entrou en vigor a finais de 2018, este tipo de eventos non estarían permitidos. O Concello incorpora un novo apartado para que os bares e pubs poidan ter amenización ou ambientación musical por medios técnicos ou con voz ou música en directo, pero o alcalde, Fernando Suárez, subliña que non poderán superar os niveis de ruído, nin tampouco os límites de aforo e os horarios que xa teñen autorizados nas súas licencias de actividade.
O rexedor declarou que “somos conscientes desde o Concello desta problemática que está xerada nestas ultimas semanas, despois da entrada en vigor dunha normativa autonómica no que ten que ver cos ruídos. Desta maneira, coa lei na man e de maneira estrita, ningún bar podería ter Cantos de Taberna, que ás veces os propios Concellos organizamos como actividades municipais e que, coa entrada en vigor desta normativa, quedan dunha maneira ilegal”.
Suárez Barcia explicou que “para resolver isto, desde o Concello, neste vindeiro pleno, imos ir na liña doutros Concellos que están á vangarda destas circunstancias como poden ser Santiago de Compostela ou mesmo Pontevedra. Queremos incorporar un novo apartado á ordenanza municipal de medio ambiente no senso de que nos bares ou nos pubs se poida permitir a amenización e a ambientación musical por medios técnicos ou con voz e música en directo. Iso si non poderán superar en ningún caso nin os niveis de ruído, nin os límites horarios, nin os límites de aforo que xa tiveran autorizados para as correspondentes categorías que teñan concedidas as súas licencias de actividade. Necesitamos dalgunha maneira para sacar dunha certa anarquía a normativa que neste caso se está a converter nun absurdo”.
O alcalde engadiu que “aínda que en Ribadeo somos moi conscientes, tivemos moitos problemas hai anos, e somos os primeiros que queremos compaxinar o dereito ao ocio duns veciños co dereito ao descanso doutros. Temos que ter en conta a importancia deste sector e neste cambio normativo para nada se vai vulnerar ningún dereito senón todo o contrario. Vai entrar dentro do que é a normalidade racional que nun bar alguén poida cantar, por poñer por caso, ou que alguén poida tocar unha guitarra, sempre que nin os niveis de ruído, nin os límites horarios nin os límites de aforo se cambien”.
Fernando Suárez agarda que “conte coa unanimidade da Corporación este cambio que pretendemos levar adiante”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



