Lugo, 10 de abril de 2019.- A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dos actos da Semana Santa de Viveiro, declarada de interese turístico internacional. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, estivo acompañado polo presidente da Xunta de Confrarías viveirense, José Veiga, e a voceira da organización, Mari Carmen López, entre outros.
O delegado gabou “o labor entregado das confrarías durante estes días e durante todo o ano”, que resulta definitivo no éxito “dunha das celebracións relixiosas más antigas de Galicia”, xa que se celebra sen interrupción dende o século XIII. Engadiu que a Semana Santa de Viveiro está considerada como “unha das máis fermosas de toda a comunidade, e destaca polo grande valor histórico e artístico da súas imaxes”.
Segundo explicaron os representantes das confrarías, celebraranse 15 procesións nas que sairán ás rúas 35 pasos e arredor de 3.500 confrades. Os actos comezarán este mesmo venres coa procesión da Virxe das Dores, a partir das 21.30 horas. O pregón terá lugar no teatro Pastor Díaz ás 20.30 horas do sábado, a cargo de José Manuel González-Páramo.
Este ano celebrarase unha procesión extraordinaria da Paixón o Venres Santo -ás 22.00 horas- para conmemorar o 75 aniversario da Confraría do Santísimo Cristo da Piedade, que reunirá un paso titular de cada unha das oito confrarías de Viveiro e contará coa participación de 1.500 confrades.
Balseiro explicou que a Xunta colabora no impulso desta cita a través de Turismo de Galicia cunha achega económica de 50.000 euros, dos cales 40.000 euros proceden de fondos propios e os outros 10.000 dun convenio do Goberno galego coa entidade Abanca.
O orzamento vai dirixido tamén a apoiar o programa cultural Adral, que constitúe un prólogo dos días propios da Semana Santa e inclúe conferencias, concertos ou exposicións “que dinamizan a rica actividade cultural e patrimonial da cidade nestes días previos”, afirmou o delegado.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



