Cervo, 8 de abril de 2019.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, achegouse ata a zona de Galdín para supervisar as obras da nova vía ubicada entre a Avenida Bellavista e a Avenida da Veiga e puido constatar, acompañado dos técnicos, que a actuación avanza a moi bo ritmo.
Xa se levaron a cabo os traballos de explanación do terreo, os movementos de terra para a creación desta rúa que terá unha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 12 metros que favorecerá o dobre sentido da circulación; fixéronse os muros de contención e colocáronse os estribos da nova ponte proxectada sobre a vía do tren.
Villares lembrou que están plantexados aparcadoiros e beirarrúas a ámbolos dous lados da calzada –nestes intres traballan na delimitación das mesmas-; e dúas glorietas -unha fronte ao centro de saúde e outra na zona de Galdín-; ademais da incorporación de nova iluminación e da dotación de servizos de saneamento e recollida de pluviais, que xa están executados.
Villares recordou que se trata dunha actuación fundamental para San Ciprián “que será unha alternativa de entrada e saída da vila, que aliviará moito o tráfico e tamén pode ser unha solución provisional para os vehículos pesados do Polígono de Cuíña”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



