Ribadeo, 30 de abril de 2019. A candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, avanzou este martes as persoas que integrarán a lista dos socialistas para as próximas eleccións municipais. “Trátase dunha candidatura forte, sólida e interxeracional que representa aos diferentes sectores da sociedade de Ribadeo como o turismo, a educación ou o mar. Somos un grupo de persoas que vivimos en Ribadeo, que estamos comprometidos coa nosa vila e que imos a estar a pé de rúa, escoitando as demandas dos nosos veciños e traballando por atender as súas necesidades”.
Marta Rey destacou que “presentamos un equipo renovado, que combina xente nova con persoas con experiencia municipal en Ribadeo. Queremos recuperar o espazo político da esquerda para acadar o noso obxectivo, volver a estar no Goberno Municipal para ser partícipes do presente e do futuro da nosa vila. E o faremos apostando polos servizos sociais, dinamizando o rural, fixando poboación e atendendo aos nosos maiores, enmarcado no proxecto progresista do PSOE”.
Lista representativa de Ribadeo
Na candidatura do PSOE en Ribadeo están representadas as parroquias de Villaselán, Santalla de Villaosende, A Devesa, Ove, Vilela, Couxela, así como o casco urbano de Ribadeo. A lista dos socialistas está formada por Marta García Rey, Francisco Javier Torviso Berdeal, María José Rodríguez Arca, Francisco Javier Rodríguez Veiga, Ana María Fernández Rodríguez, Justo Enrique Navarret Mon, María Teresa Pérez Sanz, Natalia Modelo Gonçalves, José Ángel Redondo Alba, César Fernández Murias, María del Carmen Díaz Ríos, Lorena Ramón Bouso, José Manuel Pérez López, Ramón Ángel Coto Longarela e Anca Stefanía Honcu.
Datos históricos nas Eleccións Xerais
A Executiva Local valorou positivamente os resultados das Eleccións Xerais no Concello de Ribadeo onde o PSOE foi a forza máis votada en 9 das 13 mesas, sendo o mellor resultado dos socialistas nos últimos 30 anos. “Isto danos alento, forza e un empuxón para saír ás municipais con moita ilusión e coa esperanza de acadar uns bos resultados”, subliñou a candidata do PSOE.
























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



