O evento, titulado O empresario e a súa protección patrimonial, contou coa colaboración do Centro Comercial Aberto, xa que a empresa organizadora é asociada. O obxectivo foi concienciar e informar aos empresariados da necesidade de actualizar os seus seguros, dada a lexislación actual. Durante a xornada abordáronse cuestións coma os seguros de responsabilidade civil ou D&O, os novos riscos para os negocios, a lei de protección de datos, etc… A cita rematou coa invitación dos asistentes a un aperitivo.
