Ribadeo, 30 de maio de 2019. Ribadeo acollerá os días 1 e 2 de xuño o II Torneo Cadete, que organiza a SD Ribadeo e que reunirá na localidade a 16 equipos procedentes de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela-León. Na presentación participaron a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide; o concelleiro de Deportes, David Rivas; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; o coordinador e adestrador da SD Ribadeo, Miguel Fuente; e o técnico municipal de Deportes, Iván López. Durante as restantes fins de semana deste mes de xuño disputaranse outros torneos de fútbol base organizados tamén pola SD Ribadeo.
O edil de Deportes sinalou que “un ano máis o Concello de Ribadeo está orgullosísimo de poder colaborar coa SD Ribadeo na organización destes torneos de fútbol base que converten a Ribadeo durante todo o mes de xuño nun punto de encontro do fútbol de toda a zona norte da península. Ademais do deportivo supón un impulso moi importante para a economía e para a vida do noso concello”.
David Rivas engadiu que “dende o Concello queremos dar a benvida a todas esas familias e a todos eses futbolistas que van pasar polos nosos campos e polos campos dos concellos veciños. Á SD darlle unha vez máis a noraboa por este traballo que levan facendo durante tantos anos, desexarlles o mellor e comprometernos a que o equipo de goberno novo vai seguir traballando codo con codo tanto con este club como con todos os demais, tal e como se veu facendo ata este ano”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, manifestou que “desde Acisa queremos darle las gracias a la SD Ribadeo en primer lugar por dejarnos colaborar un año más con una actividad que dura un mes completo, los fines de semana de todo el mes de junio. Para Acisa es muy importante por el volumen de personas que vienen a Ribadeo, y en esta ocasión además de forma doble porque habitualmente consideramos que los torneos de fútbol en general benefician a la hostelería, tanto a los bares, restaurantes como pubs, que suponemos y estamos seguros de que este año lo van a seguir haciendo porque son miles de personas, un montón de críos que vienen a jugar y tienen que desayunar, comer y cenar, y también sus familiares y equipos técnicos. Pero además este año, por un convenio que tenemos firmado con la SD, el comercio que se ha querido adherir a una campaña que hemos preparado, podrá hacer ofertas especiales a los clientes que vengan de fuera a visitar Ribadeo en esos fines de semana. Lo que buscamos es que a parte de venir a comer, a ver el fútbol y a pasárselo bien, también darles la oportunidad de ponerles casi en la puerta del campo de fútbol un listado de tiendas donde pueden comprar desde ropa deportiva, moda hombre-mujer, juguetes y cualquier tipo de cosas, de todo lo variado que tenemos en Ribadeo. Estamos muy contentos de poder colaborar, de la forma modesta que puede hacerlo siempre la Asociación de Comerciantes de Ribadeo, con la SD y con los equipos de fútbol, y esperamos poder seguir haciéndolo en esa medida en las siguientes ediciones”.
A presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, anunciou que “presentamos la segunda edición del Torneo Cadete que tendrá lugar el próximo fin de semana, en el campo Pepe Barrera, de Ribadeo, y en el Trénor, de Barres. Comenzaremos a las diez de la mañana del sábado. Tendremos equipos gallegos, asturianos, vascos, de Castilla-León… por primera vez nos visitan el Zamora y el Valladolid. Queremos dar gracias al Concello, a Acisa y a toda la gente que aporta su granito de arena para que junio sea la gran fiesta del fútbol base”.
O coordinador e adestrador da SD Ribadeo Miguel Fuente explicou que “no torneo temos 16 equipos, divididos en catro grupos. No grupo A están o Barres, Ribadeo B, Galicia Caranza e Sestao River. No grupo B temos ao Andés, Peña O. Beryma, Rácing Club de Ferrol e Viveiro. No grupo C á SD Ribadeo A, Marino de Cudillero, Casás e Laguna, que é o equipo de Valladolid. E no grupo D están a Caridad, Ural, Milagrosa e Zamora. Esperamos que sexa unha festa do fútbol e que todos o pasen ben”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
