Burela, 21 de xuño de 2019. O Concello ofreceu este mediodía unha recepción ao Burela FSF tras gañar o pasado domingo a Copa da Raíña. O equipo recibiu unha placa conmemorativa do que o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, cualificou como fito histórico, e dixo que Burela é un referente deportivo en España grazas ao fútbol sala.
O edil explicou que “desde o Concello de Burela, concretamente desde a Concellería de Deportes, quixemos facer un recoñecemento a estas heroínas que temos aquí en Burela que veñen de gañar a Copa da Raíña. O acto foi moi bonito, participou tamén o alcalde de Burela, e fixémoslles entrega dunha placa para que teñan de recordo deste fito histórico que veñen de facer. Como vimos facendo habitualmente, sempre que hai un éxito deportivo de calquera dos equipos que temos aquí no noso pobo, queremos recoñecer todo o traballo e esforzo que fan os clubs e os xogadores e xogadoras para conseguilos. É un pequeno recoñecemento desde o Concello, que eu penso que é positivo e que os clubs agradecen”.
Ramiro Fernández dixo que “é un acto máis que temos aquí no Concello a nivel deportivo e que, como xa dixen noutras ocasións, eu penso que agora mesmo somos un referente no aspecto deportivo en Burela. Esperemos que eses equipos sigan colleitando éxitos e que poidamos disfrutalos todos, xa que levan o nome de Burela por toda a xeografía de España e incluso do mundo”.
O concelleiro de Deportes anunciou que “pola tarde irei a Ribeira, onde se xogan o ascenso á liga galega os infantís da SD Burela. É outro éxito que eu penso que van conseguir xa que levan unha vantaxe importante de goles. Espero que poidamos celebrar outro éxito deportivo dos equipos de Burela. Como concelleiro de Deportes son un orgullo estes catro anos e esperemos que os catro anos que veñen sexan tan frutíferos como foron estes. É un auténtico pracer poder ser concelleiro en Burela de Deportes”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
