Alfoz, 24 de xullo de 2019. Trátase dunha edición especial na que ademais de levarse a cabo o propio Maratón, terá lugar a inauguración da exposición conxunta ‘Acuarelando’, promovida polo artista Juan Ramón Alves e na que participaran un total de 15 artistas procedentes de Asturias, Madrid, León, País Vasco e Galicia. Baixo a temática do concello de Alfoz e a Mariña, cada artista presentará unha obra realizada en acuarela, aportando cada un unha diferente visión e tratamento da acuarela segundo a propia personalidade do artista.
No Maratón de Pintura poderán participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra sénior. A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, debendo aportar os participantes o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.
As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 10:00 a 11:00 horas.
O xurado, formado por un presidente e dous vogais, representados por artistas relacionados co mundo da pintura, valorará de forma individual puntuando os traballos de 1 a 10 e sumando posteriormente as puntuacións.
As bases poden consultarse na páxina web do concello www.concellodealfoz.com











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



