Ribadeo, 19 de xullo de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, acompañado dos concelleiros de Obras e Deportes, Mónica Freire e Jorge Díaz, supervisaron as obras de rexeneración do campo de fútbol Pepe Barrera, que comezaron hai uns días. O prazo de execución é de seis meses e o presuposto ascende a 421.000 euros. Os traballos contemplan a instalación de drenaxe soterrado e de drenaxe perimetral para canalizar as augas pluviais, así como a substitución das barandas perimetrais e dos bancos e a creación de dous viveiros de céspede natural, entre outras actuacións.
O rexedor explicou que “estamos desde o Concello de Ribadeo nestes días iniciando as obras de rexeneración total do campo de fútbol Pepe Barrera, nestas importantísimas e ambiciosas obras de mellora destas instalacións que van contar cun novo campo de fútbol de herba natural”.
Fernando Suárez contou que “para esa renovación hai que facer unhas complexas redes de rego, unhas instalacións de drenaxe subterráneos baixo unha capa drenante, así como a instalación de drenaxe perimetral para canalizar todas as augas pluviais. Tamén hai que deixar as canalizacións listas para unha futura rede de iluminación led. Estas obras inclúen tamén a substitución das barandas perimetrais existentes e bancos, colocados agora en nova localización. Inclúe tamén a instalación dunha pantalla led e vanse realizar dous viveiros de céspede natural, coas mesmas características que o campo, para utilizalo na substitución do terreo de xogo que se vaia estragando pola propia competición”.
O alcalde sinalou que “a duración das obras son seis meses. A obra en si son tres, pero hai que sumar outros tres meses de nascencia do propio céspede. O importe das obras son 421.000 euros dos que temos confirmados 140.000, a través do convenio asinado hai un par de meses coa Deputación de Lugo, e estamos á espera de asinar o convenio coa Xunta de Galicia pola cantidade de 46.200 euros, nada máis e nada menos, polo que o Concello asumirá a parte restante, que é a importante suma de 235.000 euros. Polo tanto esperemos que toda a execución vaia indo ben, que o tempo acompañe e que, ben a finais deste ano ou a principios do que ven, o mundo do deporte e especialmente o do fútbol vexa colmado o seu obxectivo de ver o Pepe Barrera como un campo á altura do que Ribadeo merece”.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



