O punto de encontro será a Praia do Torno, á altura do peirao, ás 16:00 horas.

Fíxoo cunha exhibición de ximansia rítmica e de patinaxe artística que tivo lugar no pavillón do CEIP de Cervo e que contou coa participación da alcaldesa, Dolores García Caramés, e do edil de Deportes, David Rodríguez, que fixeron entrega dos diplomas e dun detalle a cada unhas das crianzas que asistiron neste curso ás escolas que tamen contaron con outras disciplinas como voleibol, multideporte ou balonmán.
Será ás 20 horas. Ricardo Aller de Dios é un artista visual cuxa obra se desenvolve entre a fluidez da acuarela e a solidez da cerámica. A súa práctica explora a relación entre o efémero e o permanente, a cor como ferramenta emocional e a conexión entre os elementos naturais e a forma humana. A través da acuarela, investiga a transparencia, a mancha e o azar como linguaxes expresivas, mentres que na cerámica atopa un espazo de construción pausada, táctil e meditativa, en diálogo coa terra e o lume. A exposición poderá visitarse ata o 14 de Xullo.
Entre os participantes destacou a presenza do Excmo. Sr. Bispo de Mondoñedo Ferrol D. Fernando García Cadiñanos. Tamén participaron membros de Cáritas diocesana de Ferrol. O camiño foi un descubrimento para moitos, con paraxes diferente nos seus 7 Km de percorrido.
Dentro das actividades da Concentración de Club de Morgan España, que se está a realizar estes días, tivo lugar unha visita a Mondoñedo que incluíu unha recepción por parte das autoridades municipais. Na mesma, que tivo lugar na Praza da Catedral de Mondoñedo, ao carón destes vehículos históricos, o Alcalde, Manuel Ángel Otero e a Concelleira de Turismo, Patricia Otero Doural, conversaron cos participantes e agasallaron a estes cunha bolsa con materiais sobre Mondoñedo. Tras esta breve conversa, procedeuse a realizar unha visita pola zona histórica da cidade episcopal.
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
Este xoves desde o Concello de Cervo achegaron ao alumnado dos dous colexios de infantil e primaria da localidade unha didáctica sesión teatral sobre a importancia de reciclar. O alumnado pasouno en grande "xogando a reciclar" da man de Fanny Medioambiente.
O programa dará comezo o 1 de xullo e ramatará o 29 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 h. Levarase a cabo a través dun proxecto de voluntariado xuvenil, que nesta edición conta con cinco persoas voluntarias do Concello.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital