Os burelenses superan ao C.D. UMA Antequera nun encontro dominado polos locais durante todo o partido e con doblete de Quelle
Burela, 11 de maio, 2024. Ás 18.45h desta tarde, no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela, disputábase o partido da xornada 30 de Segunda División Futsal, Pescados Rubén Burela FS – C.D. UMA Antequera, cun resultado final 4-1. Último partido da liga regular entre o segundo e terceiro clasificados que pasase o que pasase manterían a súa posición na táboa. Unha primeira metade na que o conxunto local domina o xogo e o ritmo, conseguindo un gol nos primeiros minutos e estando moi preto do segundo en numerosas ocasións sobre todo nos últimos minutos. E unha segunda parte na que continúa o dominio claro dos pupilos de David Rial, con moitísimas ocasións e moi boa intervención de Mika que sae en toda esta segunda metade.
Nunha primeira parte dominada polo Burela, abre o marcador Malaguti no minuto 5 cun gol tras un xiro en xogo de pivote. Tras o gol sae Álex Fuentes a defender a portería do conxunto antequerano. Continúa o partido con moito xogo de balón e poucas ocasións por parte de ambos conxuntos, boas xogadas ensaiadas que non chegan a atopar o gol, ata o últimos tres minutos nos que o Burela goza de numerosas oportunidades moi claras que Álex Fonte detén frustrando a un Burela que non consegue o segundo antes do descanso.
Na segunda metade sae Mika a portería estreando ocasión xa no minuto 3 no que fai unha saída a campo contrario e dispara a porta atopándose con Álex Fuentes que continúa baixo os paus do equipo visitante. No minuto 23 Ismael consegue o 2-0 cun gol nun rexeite e segundos despois case mete o terceiro cun disparo potentísimo que roza o pau. No minuto 30 volve tentalo Mika saíndo pola banda ata case a área contraria e realizando un disparo moi preciso que detén Álex. No minuto 31 sae de novo Coello baixo os paus do conxunto malagueño. No minuto 33 Malaguti dispara dende a banda unha diagonal que choca co segundo pau volvendo á pista e acabando nun saque de corner que puido haber tamén sido gol de chegar Quelle ao preciso centro que executa Charly dende o córner. Segundos despois Charly volve tentalo cun bombazo frontal que desvía Coello que a saca por encima do traveseiro. No 34 Malaguti tras unha carreira pola banda e unha boa xogada individual dispara pero a defensa do Antequera desvía o balón fóra. Tras outra oportunidade do xogador benaventino que saca Coello por encima do traveseiro, chega o 3-0 cun gol de Quelle que fai un disparo frontal tras un saque de esquina. No minuto 36 Pope consegue o tanto conseguido polos valencianos tras un roubo que se combierte en gol case na liña de meta. Sae o UMA con Quique de porteiro-xogador no minuto 39 pero a unhas décimas de finalizar o encontro Quelle consegue o 4-1 a portería baleira e remata o encontro.
Fin da liga regular e o Pescados Rubén Burela FS, tras unha tempada moi boa e progresando ao longo das xornadas de forma moi positiva, prepárase para afrontar a recta final na que se resolverá o ascenso a Primeira División nas próximas semanas, tras un finde de descanso. Importante vitoria na última xornada que corrobora o bo facer deste equipo que cada día parece entenderse mellor e que con moi bo sabor de boca comezará esta fase final demostrando nesta tempada que pode conseguilo.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 4-1 C.D. UMA Antequera
Pescados Rubén Burela FS (4): Kaluza; Lucho, Pitero, Rikelme, Isma -quinteto inicial-, Quelle, Álex García, Charly, Malaguti, Ismael, Flethes, Mika. Entrenador: David Rial.
C.D. UMA Antequera (1): Conejo; Quique, Cobarro, Óscar, Kiko -cinco inicial-, Alan de Candia, Pope, Nando, Leandrinho, Palomeque, Álex Fuentes. Entrenador: Jose Antonio Borrego “Tete”
Goles: 1-0, min.5: Malaguti. 2-0, min.23: Ismael.3-0, min.34: Quelle. 3-1, min.36: Pope. 4-1, min.39: Quelle.
Árbitros: Francisco Javier Marazuela Hernando, Sergio Toral Heredia, Miguel Jesús Rodríguez Pontanilla, Clara Díez Gil.
TA: Rikelme, Malaguti.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



