Alfoz, 15 de setembro, 2019. A Área de Igualdade do Concello Alfoz inicia o curso escolar co Programa Igual+ dirixido á súa poboación infantil, xuvenil e familias para sensibilizar, informar sobre igualdade e prevención de violencia contra as mulleres.
Neste Programa Igual+ inclúense:
Axendas Coeducativas curso 2019-20
Igual+ Educación Infantil
Igualabot. Aprendemos igualdade con robótica.
Proxecto Practicando igualdade para previr as violencias machistas
Repartiránse o luns, 16 de setembro, as Axendas Coeducativas curso 2019-20 a todo o alumnado do municipio. Entregaranse as axendas escolares nos centros educativos, CEIP Castro de Ouro e IES Alfoz-Valadouro para ser distribuidas aos alumnos/as. No caso de estudantes de Bacharelato e Ciclos de FP, estarán a disposición no Concello e na Biblioteca Municipal.
Ademáis este curso, os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Castro de Ouro participarán nun proxecto de igualdade e contra a violencia chamado Igual+ Educación Infantil, que por unha parte supón que se traballará ao longo de todo o ano escolar para fomentar a ruptura de estereotipos, o coñecemento e xestión das emocións, a resolución pacífica de conflictos, a corresponsabilidade, etc., tanto de xeito transversal como específico relacionado coa Axenda Coeducativa que será ademais o nexo coas familias.
Por outra parte, o Proxecto Igual+ incorpora un programa, Igualabot. Aprendemos igualdade con robótica, que utilizará a robótica para aprender en igualdade e sobre todo incidir en achegar ás nenas as habilidades STEM, ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas, acabando coa imaxe masculinizada destes estudos e profesións desde a base educativa. A finalidade é usar as novas tecnoloxías de xeito igualitario. Cos nosos robots, Beebots, aprenderán coa robótica que as cores ou as profesións non teñen xénero, que todos somos distintos/as, pero cos mesmos dereitos, a importancia de traballar en equipo para conseguir un obxectivo, etc., utilizando fichas, contos e taboleiros polos que debe desprazarse Beebot seguindo as instruccións do alumnado. Comenzará no mes de outubro e desenrolarase ao longo de todo o curso.
Proxecto Practicando igualdade para previr as violencias machistas: Practicando coeducación, Rachando estereotipos, Sumérxete nas TICs e Previndo violencia no novo contexto dixital: Ciberviolencia. Levarase a cabo durante os meses de outubro e novembro, diferentes actividades educativas dirixidas a Educación Infantil e Primaria, ESO e familias para sensibilizar, informar e difundir sobre igualdade e prevención de violencia contra as mulleres nos dous centros educativos e horario lectivo.
Todo o programa, elaborado e desenrolado polo Concello de Alfoz, está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, polo Fondo Social Europeo (FDS Galicia 2014-20), polo Pacto de Estado contra a violencia de Xénero e Ministerio de Presidencia: Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



