Ribadeo, 18 de setembro de 2019. Dous alumnos do IES de Foz fan prácticas na cociña dun hotel de 5 estrelas de Turquía. Son Andrés Ramos e David Delgado, alumnos do Ciclo Medio de Cociña que realizarán durante 92 días prácticas na cociña do hotel de 5 estrelas Side Orange Palace en Antalya, unha rexión moi turística que recibe numerosos visitantes alemáns e rusos. Esta mobilidade está enmarcada dentro da modalidade Erasmus Pro do programa KA102 FAE, concedido ao IES de Foz en xuño. As bolsas Erasmus Pro, para alumnos de FP, son de longa duración, máis de 90 días, e están subvencionadas.
Durante os primeiros días en Turquía os dous alumnos están acompañados pola coordinadora Erasmus do IES de Foz, Leticia Maseda, quen, dentro dunha Bolsa Erasmus de acompañamento, axudará aos alumnos a instalarse no país e colaborará co centro turco de hostalaría Sule Muzaffer Buyuk Mesleki ve Teknik Anadolu Lisesi, de Manavgat, socio Erasmus do IES de Foz, que titorizará aos alumnos en Turquía o resto da estancia. Un profesor deste centro, Onur Arlsan, visitará aos alumnos na empresa tres veces á semana e axudaraos a integrarse na vida do país, colaborando na procura do aloxamento, da empresa e nos desprazamentos.
Leticia Maseda explica que “o obxectivo destas actividades é principalmente o de aumentar a empregabilidade do alumnado e favorecer as súas perspectivas profesionais, ademais de mellorar a autocapacitación e autoestima, os coñecementos de linguas estranxeiras e ampliar a súa concienciación intercultural. Os resultados sempre son moi positivos para todos os participantes”.
Durante o mes de setembro realizaranse outras mobilidades de alumnado e profesorado no IES de Foz, dentro do programa Erasmus+. Haberá dúas a finais deste mes de setembro. O director do IES, Nicolás Asensio, e o noso inspector educativo, Javier Suárez, realizarán unha mobilidade na rexión de Baden- Wurtermberg, en Alemaña. Durante seis días visitarán centros de FP de hostalaría da comarca, para ver in situ como traballan e como funciona o sistema educativo alemán. Ademais visitarán empresas que colaboran coa FP Dual alemá. Tamén dentro do KA103 dúas alumnas do Ciclo Superior de Dirección de Cociña, Carlota Cuevas e Belén Poveda, traballarán en Italia durante dous meses. Realizarán prácticas no restaurante Osteria Al Becco Della Civetta, da nosa socia Erasmus María Antonietta Santoro, quen visitou o instituto de Foz en 2018 e acaba de abrir un novo restaurante en Matera, Capital Europea da Cultura en 2019.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



