A Mariña, 16 de setembro de 2019. A Federación de Comercio A Mariña repartirá 8.000 euros en premios do 16 de setembro ao 25 de novembro. Será durante a campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña, que arrinca este luns.
A FCAM sorteará 1.000 euros en premios en cada asociación que a conforma desde hoxe, 16 de setembro, ao 25 de novembro. Haberá un premio de 500 euros e outros 5 de 100 euros en cada localidade (Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo). Serán, coma sempre, en vales de compra para consumir nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en cuestión.
As persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados recibirán rifas para participar nos sorteos que terán lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña desenvolverase do 16 ao 22 de setembro en Viveiro e o sorteo dos 1.000 euros terá lugar o día 23 nos locais do Centro Comercial Histórico; en Foz a campaña terá lugar do 23 ao 29 de setembro e o sorteo será o 30 en Acia Foz; en Xove desenvolverase do 14 ao 20 de outubro e o sorteo realizarase o día 21 na Aciam; a Burela a campaña chegará do 21 ao 27 de outubro e o sorteo está previsto para o día 28 no CCA burelés; en Ribadeo a campaña será do 28 de outubro ao 3 de novembro e o sorteo farase o 4 en Acisa; en Covas esta campaña da FCAM terá lugar do 4 ao 10 de novembro e o sorteo será o 11 en Beiras de Viveiro; 1.000 motivos para mercar na Mariña será en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina. A campaña rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.
Desde a FCAM subliñan que “as rifas das compras realizadas nunha localidade durante os períodos de tempo establecidos, só serven para entrar no sorteo desa localidade. É dicir as rifas de Viveiro serven unicamente para Viveiro, as de Burela so para Burela e así en todos os casos. Serán válidos os tíckets e rifas das compras feitas nos establecementos asociados durante toda a semana na que se realice o sorteo. Os días dos sorteos sacaranse as combinacións premiadas, segundo as rifas repartidas en cada localidade e os números faranse públicos nas redes sociais da FCAM e da asociación participante cada semana e tamén a través dos medios de comunicación da comarca”.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, lembraba hai uns días que “o que pretendemos con esta campaña é seguir facendo comarca comprando nos comercios asociados das nosas localidades. Para que as nosas vilas teñan futuro temos que seguir apostando polos negocios que temos a carón da nosas casas. E para esas persoas que apoian aos establecementos asociados son estes premios, 8.000 euros en vales de compra para poder gastar despois da volta ao cole e antes do Nadal”.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



