Viveiro, 20 de decembro de 2019. Tendo en conta que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 126/71 GAL_C_C_RN_TT, emitido o día 20/12/2019 ás 11:22 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso LARANXA por VENTOS que afectará dende as primeiras horas do día 21 a toda a Comunidade Autónoma de Galicia por ventos do SW con refachos de ata 110 km/h. Este fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA pasará a nivel VERMELLO a primeiras horas da tarde do día 21 no ámbito xeorgráfico de A Mariña de Lugo podendo acadarse refachos máximos de 140 km/h.
O día 22 continuará en A Mariña de Lugo a alerta LARANXA con ventos do SW e W e refachos máximos de 100 km/h.
Tendo en conta que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunica que, en previsión destes feitos, se deben adoptar as medidas preventivas necesarias ante as citadas prediccións metereolóxicas e no seu caso alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.
Esta alcaldía ditou un bando para facer saber que dende o día 21 de decembro de 2019, ás 00:00 horas, e en tanto se manteñan as alertas que afecten a este concello por fenómenos metereolóxicos adversos, queda prohibida a realización de calquera tipo de actividade ou evento ao aire libre en todo o termo municipal, procedéndose, así mesmo, ao peche do parque Pernas Peón e ao peche do belén a tamaño natural “Viveiro ante o berce”.
A alcaldesa
María Loureiro García