Lugo, 27 de decembro de 2019. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu hoxe aos deportistas Saleta Fernández, Adrián Ben e Manuel Freire. Os tres acadaron este ano grandes marcas nas súas respectivas disciplinas e levaron o nome da provincia polo mundo. Tomé mostroulles o seu agradecemento e fíxolles entrega dun regalo institucional ao tempo que loou o seu esforzo e a súa dedicación.
“Son consciente de que é necesario apostar máis polo deporte, pero estamos a poñer todo da nosa parte para que no futuro os nenos e nenas o teñan máis doado”, dixo o Presidente.
A monfortina Saleta Fernández gañou a medalla de ouro no Campeonato de España de Atletismo Absoluto na modalidade de salto de altura; o viveirense Adrián Ben foi sexto nos 800 metros no Campionato Mundial Absoluto celebrado en Doha, a mellor clasificación dun atleta español nesa marca de todos os tempos nun mundial; o monfortino Manuel Freire proclamouse campión de España de descenso de augas bravas na modalidade de longa distancia, acadando o seu terceiro título nacional consecutivo.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
