Lugo, 26 de decembro de 2019. O Presidente da Deputación entregou este xoves en Burela os diplomas de catro cursos de capacitación para formar a 16 persoas desempregadas na profesión de redeiras. Nestas accións formativas, onde a institución provincial investiu preto de 40.000€, os participantes aprenderon as diferentes formas de traballar as redes segundo o arte de pesca empregado.
Tomé Roca valorou positivamente esta formación porque “o colectivo artesanal de redeiras na zona da Mariña vive un momento crucial loitando pola subsistencia do sector, pois non existe relevo xeracional e a pesca segue a ser un dos motores máis importantes da nosa provincia”. O Presidente fixo fincapé en que nesta comarca lucense xera entre 5.000 e 6.000 empregos e que demanda persoal case de forma continua para as Confrarías de Pescadores de Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O Vicedo.
O alumnado beneficiouse de catro accións formativas de Confección e Mantemento en: artes de enmalle (115 horas), aparellos de pesca (30 horas), artes de arraste (130 horas) e artes de cerco (55 horas). Unhas accións que habilitan aos participantes para presentarse ao exame de cara a optar á cualificación profesional que os acreditará como redeira, esencial para poder exercer esta ocupación.
A estes cursos engadíronse tres xornadas divulgativas que se celebraron en Burela, Viveiro e Ribadeo, estruturadas en catro módulos temáticos e oito bloques cos seguintes temas: Prevención de riscos laborais; A Relación do sector coa administración; O Asociacionismo no sector; Réxime Xurídico, organizativo e electoral das confrarías de pescadores; Factores Ambientais: impacto sobre a explotación marisqueira; Marisqueo e pesca artesanal: sustentabilidade, trazabilidade e responsabilidade; Explotación de novos recursos; e un debate sobre a problemática no sector.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



