Viveiro, 2 de xaneiro de 2020. O Concello de Viveiro agradece a implicación da Deputación de Lugo nas obras para subsanar as graves deficiencias no cemiterio municipal de Altamira, moi afectado pola riada que sufriu a vila en 2018.
As inundacións acontecidas o 18 de novembro de 2018 causaron graves destrozos materiais en diferentes lugares do concello, moi especialmente no barrio de Xunqueira, pero tamén en moitos outros puntos do municipio. Entre as edificacións afectadas está o cemiterio municipal de Altamira, que presenta patoloxías e deficiencias estruturais producidas no muro de contención sur das instalacións.
Ante a gravidade da situación, o Concello de Viveiro demandou a colaboración da Deputación de Lugo que, implicándose desde o primeiro momento, aprobou en marzo de 2019 un convenio interadministrativo para a redacción do proxecto técnico das obras de urxente necesidade no cemiterio municipal, por un importe de 16.940 euros (asumidos pola institución provincial).
“Foron momentos moi duros e complicados, unha situación moi difícil para Viveiro, polo que temos que agradecer a rápida resposta da Deputación, sempre en disposición de axudarnos”, lembra a alcaldesa, María Loureiro.
Tras a redacción do proxecto ‘Obras de reparación do muro de contención do recinto do cemiterio municipal de Altamira’, este concello solicitou unha addenda para facer constar que a actuación obxecto do mesmo se corresponde coas obras nas instalacións, cun orzamento de execución de 96.235,21 euros.
A Deputación, probando unha vez máis o seu compromiso co concello, aprobou o pasado 27 decembro a modificación do convenio interadministrativo entre ambas administracións para a execución dos fins comúns consistentes en: cooperación na redacción do proxecto técnico, licitación e execución das obras de urxente necesidade no cemiterio municipal.
Segundo esta modificación, os investimentos comprometidos pola Deputación ascenden a 113.175,21 euros, dos que 16.940 euros corresponden á cooperación na redacción do proxecto e 96.235,21 euros ás obras.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



