Lugo, 07 de febreiro de 2020. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este venres na presentación da segunda edición do Illa Pancha Challenge, que se celebrará en Ribadeo previsiblemente a finais da semana que vén. Os días exactos dependerán de que se dean as condicións meteorolóxicas necesarias para que se produza a gran ola do Panchorro.
Trátase dunha cita co surf na que unha trintena de profesionais retará a esta onda, de ata 20 metros, que se produce fronte Illa Pancha. A Deputación de Lugo colabora na organización do evento cunha achega de máis de 12.000 euros, sendo a principal administración pública colaboradora, por tratarse dun evento co que dar a coñecer Lugo.
García Porto asegurou que o Illa Pancha Challenge 2020, que reunirá a preto de 10.000 persoas e se retransmitirá en máis de 100 países vía streaming, “é o escaparate perfecto para promocionar a provincia”.
A responsable provincial de Turismo asegurou que o interese que esperta esta cita e a súa proxección internacional axudarán a difundir as paisaxes de Lugo. Na presentación, celebrada no club náutico de Ribadeo, participaron tamén Fernando Suárez, Alcalde do Concello de Ribadeo; Jorge Díaz, Concelleiro de Deportes da localidade; José Luís Díaz, representante de patrocinios After Surf, e o organizador da proba deportiva, Óscar García.
A cita, explicou Pilar García Porto, encaixa coa estratexia de impulsar o turismo de experiencias pola que está apostando a Deputación de Lugo: atraer ao visitante con vivencias únicas que só poida atopar na provincia.
A competición
A organización prevé que a vindeira semana se darán as condicións óptimas para que o Panchorro acade os 20 metros. O mar necesita que a dirección da borrasca sexa de Noroeste Norte, cun mar de fondo de máis de 5 metros de altura de onda.
Participarán no reto de Illa Pancha case 40 surfistas, 24 deles farano no campionato oficial. En ningún outro evento de este tipo houbo tantos grandes surfistas xuntos. A armada brasileira, encabezada polo mellor do mundo nestas olas, Lucas Chumbo; o plusmarquista mundial de ondas xigantes, Rodrigo Koxa; e un longo listado, entre os que estarán Alemao de Maresías, Remi Arauzo ou Joao Guedes. Tamén participará unha parella de surfistas galegos, formada por Jairo Barral e Juan Fernández.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
