Barreiros, 20 de febreiro de 2020. A concelleira de servizos sociais, Carmen Veiga, explica que “a Xunta ofertou unha cantidade de horas que os concellos poden solicitar para ampliar a atención a persoas dependentes e o goberno municipal apostou por solicitar un número suficiente para que non quedase ningunha persoa sen atención no fogar en Barreiros.”
Para poder prestar este servizo, o concello ten contratadas a 25 persoas auxiliares de axuda no fogar que realizan o seu traballo de luns a domingo, en función da demanda das persoas usuarias.
O incremento asumido en xaneiro ascende a 300 horas mensuais, o que supuxo o incremento do orzamento neste servizo en 30.000 euros anuais; demostrando “o compromiso deste goberno municipal coa atención e os servizos ás persoas maiores”, asegura a rexedora barreirense, Ana Ermida.
Actualmente, o consistorio barreirense presta un total de 1.775 horas mensuais, das que case 1.500 se corresponden con horas de atención a persoas dependentes.
“O goberno municipal é consciente da necesidade da prestación dun servizo público de calidade e da necesidade das persoas maiores de contar con servizos e coidados. Por iso, aínda na delicada situación económica municipal, o incremento de orzamento que poida sacarse do aforro en gastos menos prioritarios, irá destinado a mellorar e ampliar os servizos básicos, como pode ser o caso”, manifestan desde o goberno.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



