Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2020. A Consellería do Mar vén de elaborar un protocolo de servizos esencias que rexerá a actividade portuaria durante o tempo de vixencia das medidas especiais derivadas da emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19. Este protocolo de servizos esenciais oriéntase a garantir a actividade portuaria pesqueira, facilitando o subministro de servizos básicos aos mercados, e evitar a propagación do virus nos peiraos de titularidade autonómica.
O carácter fundamental do tráfico marítimo no abastecemento de mercados obriga a manter as actividades portuarias en condicións de operatividade para as que se fan necesarios os servizos básicos de vixilancia e control das instalacións. En particular, o protocolo céntrase nas tarefas dos celadores gardapeiraos, figuras esenciais para garantir o bo funcionamento das tarefas pesqueiras e comerciais, sempre dentro do respecto ás condicións de seguridade destes traballadores.
Así, o protocolo recolle que, pese a que as oficinas portuarias permanecerán pechadas ao público e a atención delas será telefónica, todos os peiraos serán atendidos por alomenos un celador con capacidade de asistencia presencial para todas aquelas tarefas que non poidan desenvolverse de xeito telemático. Nestes casos limitarase o contacto interpersoal e respectaranse as instrucións indicadas polas autoridades sanitarias. En canto aos elementos de uso común, serán convintemente desinfectados antes da súa devolución á oficina ou almacén portuario para evitar posibles contaxios en posteriores usos.
Polo que respecta aos portos deportivos, durante a vixencia do estado de alarma polo COVID-19, a circulación de persoas e vehículos quedará limitada ás necesidades básicas. Deste xeito, a Consellería do Mar recomenda manter só servizos esencias en cada instalación e unicamente o persoal indispensable para realizar tarefas básicas como o control das instalacións, amarre, subministro de auga, electricidade e carburante no seu caso. Os salóns ou estancias de uso común deberán permanecer pechados.
Finalmente, en relación ao servizo de practicaxe, manterase en caso de necesidade inevitable e para o seu desenvolvemento seguiranse todas as directrices de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



