Foz, 16 de marzo de 2020. GESTAGUA garante a subministración de auga en calidade e cantidade á totalidade da poboación, para o que suspendeu todos os cortes por falta de pagamento e puxo en marcha un Plan de Continxencias.
Dada a crítica situación que vive o país é imprescindible, a xuízo de GESTAGUA, que todos os fogares teñan acceso á auga da billa, tanto polas garantías de potabilidade que ofrece como por ser unha das claves na prevención do contaxio, a través do lavado de mans con xabón.
Esta media forma parte do Plan do Continxencias que GESTAGUA aplicará en todas as súas explotacións, máis de medio centenar noutros tantos municipios, para garantir tanto a calidade do servizo que presta como a seguridade e a saúde de usuarios, clientes, empregados e colaboradores.
Así, vistas as medidas tomadas polo Goberno de España no Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma, GESTAGUA pecha ao público as oficinas comerciais para todo tipo de trámites, excepto aqueles para os que sexa estritamente necesaria a presenza física do abonado. En paralelo, poñerá ao dispor dos usuarios os números de teléfono e direccións de correo electrónico dispoñibles para a atención telefónica e/ou a petición de cita, instando a aprazar todos os trámites non urxentes.
Ademais, reduce todas as actividades realizadas na vía pública, mantendo unicamente as que resulten imprescindibles, e suspende todas as actividades de operación e mantemento que non se consideren críticas para a garantía na continuidade e calidade do servizo.
Como xa se avanzou, GESTAGUA suspende todos os cortes por falta de pagamento para garantir a auga da billa á totalidade da poboación; así como as lecturas de contadores (instando ao abonado a proporcionala a través das canles de atención ao público) ou as operacións de cobranza en metálico
nas oficinas.
Por outra banda, facilita nas súas oficinas o réxime de teletraballo e suspende viaxes de empregados fose do ámbito do seu centro de traballo, excepto os imprescindibles para a continuidade e calidade do servizo, sendo imprescindible a aprobación por parte a Dirección da área correspondente e da Dirección Xeral.
Quedan tamén canceladas todas as actividades formativas, salvo as xa programadas a distancia ou online, e as visitas a centros de traballo e instalacións, salvo as destinadas á subministración de produtos
esenciais para o servizo.
Para a implementación deste Plan de Continxencias sen que se resinta no máis mínimo a calidade do servizo, GESTAGUA conta con sistemas de telemando e telecontrol nas súas instalacións, que son agora mellores instrumentos para o control e a supervisión sen necesidade de desprazamentos nin de presenza.
Por último, GESTAGUA quere agradecer a comprensión de todos os seus abonados e usuarios, así como apelar á responsabilidade de toda a cidadanía para superar esta situación canto antes.
Teléfono de atención ao cliente: 982 132 422 (7:00 – 15:00)
Teléfono de avarías: 639 705 382, durante 24 horas.
Ademais, os usuarios poderán realizar as súas xestións a través da páxina
web: foz@gestagua.es.
