Foz, 13 de abril de 2020. A partir de hoxe, luns, e durante os vindeiros días desta semana o Concello de Foz retoma a execución de obras que se estaba realizando en varias parroquias rurais do municipio.
O alcalde, Fran Cajoto, anunciou que “hoxe reiniciáronse na parroquia de Cangas as obras no camiño de Alemparte, entre a Nacional 642 e o Camiño Real, onde están a piques de rematar os traballos para mellorar o abastecemento de auga e despois procederase ao asfaltado do viario. Esta actuación está financiada con 48.000 euros de fondos propios e consiste na renovación da tubaxe de abastecemento de auga, substituíndo a anterior condución por unha canalización de PVC de 75 milímetros de diámetro e 10 atmosferas de presión, o que evitará as continuas roturas que se estaban a producir nesta canalización. E ademais inclúe o aglomerado en quente do camiño con mestura bituminosa tipo D-12 e a disposición da sinalización necesaria”.
E durante os vindeiros días desta semana retomaranse as obras de limpeza de cunetas e de mellora do firme con aglomerado en quente de varios camiños de parroquias do rural con cargo ao Plan Único 2019. “A limpeza de cunetas e o asfaltado xa están rematados no barrio de Chao (parroquia de Santa Cilla) e agora continuarase co resto de actuacións que estaban previstas: en San Martiño no camiño Río – O Carme; en Cangas no camiño Alemparte – Vilamor; na parroquia de Nois nos viarios Apeadoiro – Carpacide e Cabanas – Lamallada; e tamén no camiño Bargado – Lousada, en Fazouro. Estas actuacións completan un total de máis de 279.000 euros de investimento financiados pola Deputación de Lugo a través do Plan Único 2019”, engadiu o rexedor municipal focense.
Para rematar o alcalde de Foz quere trasladar as súas desculpas polas molestias que se poidan ocasionar durante o transcurso das obras e pide extremar a precaución mentres estean as máquinas traballando.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



