Lugo, 18 de maio de 2020. O grupo provincial do PP reclama do presidente da Deputación, o socialista José Tomé, que convoque o pleno ordinario correspondente ao mes en curso e, previamente, como é preceptivo, as reunións das comisións. En abril non houbo pleno ordinario, polo que, en palabras do portavoz popular, Javier Castiñeira, “a Deputación leva pechada politicamente dous meses, algo inaudito nunha institución que xestiona un presuposto de 93 millóns de euros”. Mañá, martes, finalizará o prazo para a convocatoria das comisións. En abril non houbo sesión plenaria ordinaria.
O PP avisa de que sería unha grave irresponsabilidade por parte do presidente da Deputación non convocar pleno ordinario este mes. Castiñeira di que “nada hai que impida a celebración da sesión; por iso, pedimos que se convoquen as comisións e que o pleno se desenvolva con normalidade, coas medidas que sexan precisas e adecuadas ao momento que vivimos na desescalada do confinamento”.
Os populares mostran a súa estrañeza polo feito de que, ao longo de toda esta crise sanitaria, o presidente da Deputación non chamase nin nunha soa ocasión ao portavoz do grupo da oposición (PP), que é o que ten máis membros, para informar ou comentar o estado de cousas e buscar acordos moi necesarios en momentos tan delicados para a provincia. “Non entendemos tanto secretismo”, di Javier Castiñeira, “nin comprendemos o medo que parece ter o presidente a todo o que sexa debate, un medo que quedou de manifesto na súa teimuda negativa a convocar a reunión da xunta de portavoces que solicitamos, para deseñar e executar un plan de intervención directa da Deputación para axudar á provincia a superar as dificultades económicas derivadas da crise sanitaria”. Castiñeira puntualiza: “A Deputación ten que celebrar este mes pleno ordinario, ten que acabarse o tempo do secretismo e de gobernar a golpe de decreto”
Castiñeira declarou: “O caso é que, por decisión do seu presidente, a Deputación leva politicamente pechada dous meses, nos que se gobernou a golpe de decreto; está claro que Tomé, como Pedro Sánchez, atópase moi cómodo gobernando de modo presidencialista e a golpe de decreto”. Engadiu: “Aos socialistas, e aos seus socios nacionalistas, éncheselles a boca falando de participación cidadá, de necesidade de consenso, de democracia, pero, á hora da verdade, o que fan é todo o contrario: pechan a porta á participación, polo tanto á posibilidade de consenso e, como consecuencia, empobrecen a democracia. Isto que digo non é unha afirmación caprichosa, é o que poden ver e comprobar os lucenses: son feitos”.
De novo, e pese a que todas as chamadas ao diálogo feitas polo PP ao goberno provincial caeron en saco roto, os populares tenden a man para sumar, para traballar e colaborar para axudar a que a provincia supere canto antes as dificultades provocadas pola crise sanitaria e as súas consecuencias económicas. Castiñeira expresa unha sospeita: “Non sei se no goberno provincial non se estará confundido a nova normalidade da que fala Pedro Sánchez coa anormalidade democrática que se vive a día de hoxe na Deputación”.

















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



