Viveiro, 13 de maio de 2020. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo unha reunión coas forzas de seguridade para concretar as diferentes medidas de flexibilización ou restricción na actual fase 1 da desescalada, demandando responsabilidade á veciñanza para respectar todas as recomendacións e indicacións das autoridades sanitarias.
O concello lembra que no núcleo de poboación de Viveiro seguen vixentes as franxas horarias para facer deporte ou pasear:
-Ata tres menores de 14 anos poden saír cun proxenitor, unha vez ao día e a unha distancia máxima dun quilómetro entre as 12 da mañá e as 7 da tarde.
-Os maiores de 14 anos ata 70 poderán saír a facer deporte sempre de maneira individual e mantendo as distancias sociais ou a dar un paseo cun membro da unidade familiar de convivencia, desde as 6 ás 10 da mañá e de 20 a 23 horas.
-Os dependentes que precisan un acompañante e os maiores de 70 anos teñen reservada tamén unha franxa horaria: de 10 a 12 da mañá e unha hora pola tarde, de 19 a 20 horas.
Nos demais núcleos de poboación non hai restricción horaria de 6 a 23 horas, pero tamén é importante non superar unha hora de deporte ou paseo (que pode ser con menores).
Con respecto ás terrazas, non hai limitación ou franxa horaria e os nenos poden ir, pero deben estar cos adultos, non xogando nos arredores. O concello solicita aos establecementos de hotalería que vele polo respecto das distancias sociais.
Por últmo, o concello recomenta as consultas médicas por teléfono sempre que sexa posible e que sexa o médico o que determine se é necesaria unha consulta presencial.
“A evolución da pandemia é boa en Viveiro, pero é importante non dar pasos atrás, polo que pedimos a colaboración de todos os veciños e veciñas, que ata o de agora tiveron un comportamento exemplar”, engade a alcaldesa, María Loureiro.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



