Foz, 18 de xuño de 2020. Vintecinco tendas forman parte inicialmente da plataforma web de venta online do CCA de Foz, que foi presentada esta tarde na Casa da Cultura.
As persoas interesadas en facer as súas compras a través deste formato poden visitar este centro comercial virtual en www.compraenfoz.com, onde atoparán os escaparates individuais dos negocios participantes con fotos dos produtos, con textos, etc. As tendas dispoñen de carriño da compra e realización de pedido online, entre outras posibilidades. As condicións de venta serán definidas por cada tenda: os prazos de entrega; os custes de envío; as devolucións; as formas de pago a través de Paypal, tpv virtual, transferencia, contra reembolso…; o seguimento online dos pedidos, etc.
Os negocios adheridos á plataforma web de venta online son: 5 Lobiños, Vagaluz, Sueños, Arrullos, N1, Sensación Surf, Living Sport, Chuvia, Ginzo Mujer, Saint Tropez, Ginzo Hombre, Calzados Pirde, Don Zapato, Zapatería Carmen León, Mapfre, Cenor Belianorte, Amarena, Anduriña, Decoraciones Pura, Kukadas, Ofifoz, Librería Bahía, Buxo Xogos, Iria Rodríguez e Suministros Veipa.
O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo dixo que “o que queremos é achegarlle o noso comercio á clientela de Foz para que poida facer as súas compras a golpe de click e sen ter que desprazarse ata as tendas. Os clientes teñen que saber que si queren unha atención mais personalizada e directa o que teñen que facer é achegarse en persoa ata os comercios da nosa vila. Pero si xa ten claro o que precisan, non están en Foz ou aínda estando aquí prefiren consultar nas súas casas os produtos que atoparán nas tendas tranquilamente poden facelo a través de www.compraenfoz.com”.
Paleo engadiu que “o que precisamos con este centro comercial virtual que estamos a presentar é que a xente saiba que pode comprar no comercio de Foz sen moverse da casa. Por suposto que queremos recibir clientes nas nosas tendas, pero si polo motivo que sexa non poden achegarse teñen que saber que comprar en Foz sen saír dos seus domicilios é posible. Agora mesmo xa poden facelo en 25 comercios de diferentes sectores, moda infantil, deportes, moda muller e home, zapaterías, seguros, electrodomésticos, pastelerías e panaderías, fogar, pesca, librerías e xogueterías, xoierías, fontanería e calefacción”.
O presidente do Centro Comercial Aberto de Foz agarda que “sexan máis o que se sumen á venta online. So así poderemos competir coas as grandes plataformas, que xa levan tempo facéndoo. Este centro comercial virtual ten como destinataria á clientela do comercio de Foz, sexa de onde sexa e estea onde estea”.
No acto deste xoves participaron o alcalde, Fran Cajoto, o concelleiro de Comercio, José Mª Linares, o presidente do GDR Terras de Miranda, Vidal Martínez, e o presidente do Centro Comercial Aberto, José Carlos Paleo. Tamén asistiron os portavoces municipais no Concello focense así como membros da directiva do CCA e representantes dos comercios que se adheriron a este proxecto.
Na posta en marcha desta iniciativa do CCA colaboran o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



