Lugo, 19 de xuño de 2020. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, informou este venres de que a Xunta de Goberno aprobou un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela de 430.000€, dos cales a institución provincial achega 380.000€ e a entidade académica 50.000€. Rivera Capón explicou que serán para afianzar e potenciar a excelencia académica do Campus Terra a través de accións que fomenten a formación, a investigación, a innovación e o incremento do alumnado.
“Este é plan de apoio ao Campus desenvolvémolo dende o ano 2014. Dámoslle continuidade porque apostamos pola educación pública e de calidade, por ofrecer facilidades de acceso á mesma, contribuíndo á igualdade de oportunidades dende unha administración pública coma a nosa”, subliñou o Deputado. Rivera Capón incidiu en que “a Universidade, o noso Campus, é un dos motores da provincia, tanto polo impacto directo que ten sobre a economía a súa actividade, como pola transferencia de coñecementos á sociedade, á ciencia e ao noso tecido produtivo”.
As accións que inclúe o convenio teñen como obxectivo promocionar Lugo como cidade universitaria e as titulacións do Campus, captación de estudantes doutras nacionalidades, apoio para o desenvolvemento das prácticas, fomento das titulacións de máster, potenciación dos cursos de verán, impulso da divulgación científica e, entre outras, mellora das instalacións universitarias.
O Campus “contribúe a unha especialización e profesionalización do noso rural, e posibilita que os nosos mozos e mozas estuden unha profesión que lles facilita asentarse no rural lucense e mellorar as nosas explotacións”, manifestou Rivera Capón. Así mesmo, o Deputado lembrou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que ademais deste convenio que a institución provincial aprobou hoxe, dende a Deputación se colabora coa Universidade con numerosos proxectos, como os que se desenvolven na Granxa Gayoso Castro, onde fai prácticas o alumnado da Facultade de Veterinaria e da Escola de Enxeñaría.
Rivera Capón expuxo que “estamos a facer un importante investimento para a construción e dotación dun centro experimental de leite en colaboración coa USC, no que investimos 1,3 millóns de euros para que estudantes e investigadores fagan prácticas e realicen proxectos que contribúan á redución dos custos na produción láctea. Un centro que estará a disposición do Campus Terra co que queremos garantir, ademais, que a Facultade de Veterinaria manteña o seu tan merecido recoñecemento internacional”.
Cabinas sanitarias
Na Xunta de Goberno deste venres tamén se aprobou sacar a contratación o aluguer de catro cabinas sanitarias autónomas móbiles, totalmente accesibles, e o seu mantemento e limpeza diarias para a súa instalación no entorno do Paseo do Río Rato e dos Hortos Urbanos dos parques do Río Rato e de Paradai. O orzamento do contrato é de 23.562€ e a súa duración prolongarase ata o 2023.
Estas cabinas sanitarias deben instalarse en menos de 15 días dende que se adxudiquen para dar servizo ao paseo do Rato e aos hortos urbanos.
En canto ao proceso de adxudicación dos hortos, o Deputado informou de que “xa rematou o prazo para presentar alegacións e non se presentou ningunha, agora estamos no proceso de repartir as parcelas dispoñibles e estámolas acondicionando -tarefas de desbroces, principalmente- para que no momento no que as persoas vaian traballalos estean en condicións óptimas”. Estímase que no mes de xullo se concedan e os beneficiarios xa poderán facer uso dos 150 hortos do Parque do Rato e dos 34 do Parque de Paradai.
Pola outra banda, a sesión do Goberno aprobou a resolución do contrato de conservación da Zona 4 da rede de estradas da Deputación e aprobou tamén unha nova licitación deste servizo para o período 2020-2021. O contrato é dun ano, prorrogable por 3 meses, e o orzamento base de licitación ascende a 419.857€ para o que queda do 2020 e para o 2021.
No mes de xaneiro, a empresa adxudicataria da conservación de estradas da Zona 4 presentou unha comunicación na que indicaba a non dispoñibilidade de medios para executar o contrato. Por iso, a Deputación tomou a decisión de resolvelo e sacar esta nova adxudicación.
Este lote da Zona 4 correspóndese cos concellos de Monterroso, Antas de Ulla, Portomarín, O Páramo, Sarria, Paradela, Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín e Palas de Rei.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



