Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020. O Consello da Xunta, na súa reunión desta mañá, acordou aprobar un convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, e o Concello de Mondoñedo para o desenvolvemento dun proxecto de recuperación das instalacións electromecánicas da minicentral hidroeléctrica do río Tronceda e acometer, deste xeito, a súa musealización, converténdoo nun centro de interpretación.
A Xunta destinará a esta actuación un total de 28.000 euros. Os traballos a realizar consistirán na restauración e recuperación da maquinaria orixinalmente existente na antiga minicentral hidroeléctrica (tanto eléctrica como mecánica); ademais da adquisición de maquinaria e equipos de iguais características aos orixinais ou traslado doutra maquinaria a esta minicentral; fabricación de cadros eléctricos, iguais aos orixinais; e ambientación con elementos da época, deixándoa totalmente instalada e posta en funcionamento para demostracións. A actuación contribúe, polo tanto, á recuperación do Patrimonio Histórico Industrial de Galicia, xa que se trata dunhas instalacións de 1906 abandonadas.
Con este proxecto perséguense dous obxectivos. Por unha parte, promover a cultura do aforro e da eficiencia enerxética, e por outra, incrementar o interese social e económico de Mondoñedo, ao converter esta instalación nun atractivo turístico máis da zona e, polo tanto, de toda a veciñanza e das persoas que o visiten.
O convenio, que estará vixente ata o 30 de decembro de 2021, enmárcase nas políticas da Xunta de apoio á eficiencia enerxética, ás enerxías renovables, e á investigación, estudo e apoio de actuacións que contribúan ao seu coñecemento.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



