Viveiro, 19 de xuño 2020. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na súa primeira intervención na Galiza, após de tres meses de confinamento voluntario en Madrid, defendeu en Viveiro a necesidade da intervención pública para nacionalizar a planta de aluminio de Alcoa e garantir desta maneira que continúe a actividade e que se manteña a totalidade dos postos de traballo.
O deputado nacionalista que participou nun mitín do Bloque Nacionalista Galego en que tamén intervirón Ana Ermida, responsábel comarcal do BNG, Dani Castro, nº2 por Lugo ao Parlamento galego e Míriam Bermúdez, concelleira en Viveiro, enfatiza que “é sorprendente que tanto o Goberno central como a Xunta de Galiza non pasen das declaracións aos feitos unha vez que xa a dirección de Alcoa anunciou a decisión de o día 25 iniciar o procedemento formal do despedimento de máis 534 traballadores e traballadoras de Alcoa e como consecuencia un número similar de empresas auxiliares. Máis aínda cando a dirección de Alcoa se encerra en banda a venda da planta de aluminio, o que deixa como única alternativa a nacionalización da empresa para garantir que poida continuar a actividade e se manteñan os postos de traballo”.
Rego descatou que a planta de aluminio xa foi pública e que no seu día foi privatizada polo Partido Popular, concretamente polo goberno de Aznar, o que “foi evidentemente un erro porque estamos falando dun sector estratéxico para a economía, especialmente para o noso país e para a comarca da Mariña” subliñou o deputado. Recuperar aquelas corporacións dos sectores estratéxicos que nunca deberon ser privatizadas é un obxectivo do BNG con caracter xeral, mais nesrte caso é moi importante para que Alcoa poda seguir funcionando na Mariña. De forma contraria sería un duro golpe para toda unha comarca neste contexto de crise social e económica xerada polo coronavirus.
O BNG en Madrid leva todo este tempo presentando propostas e iniciativas solicitando unha actuación por parte do Goberno. O deputado Néstor Rego anunciou que na próxima semana interpelará á Ministra de Industria para que aclare que actuación pensa desenvolver pero sobre todo, cremos que é a loita dos traballadores e traballadoras as que desbloquearán unha solución.
Néstor Rego cre que o cambio político na Galiza é absolutamente necesario e imprencindíbel para acabar coa crise social e económica, coa crise industrial tan grave xa anterior á emerxencia sanitaria e que agora se verá agravada, e coa crise democgráfica que sistemáticamente vén padecendo o noso país. Só un goberno do BNG que poña os intereses de Galiza por diante, que defenda a capacidade para que o noso país poida decidir soberanamente sobre os seus propias asuntos poda realmente mudar as cousas e o día 12 teremos a oportunidade de facelo.
Neste sentido a responsábel comarcal, Ana Ermida, destacou o bo goberno e a aposta por políticas de mellora social aplicadas alí onde goberna o BNG. Ermida subliñou que “os municipios que apostaron nas pasadas eleccións municipais polo cambio, por un goberno un goberno do BNG, volveron a repetir pola súa boa xestión”.
A concelleira de Viveiro, Míriam Bermúdez, fixo fincapé na situación que está a vivir a comoarca. “Se falamos de infraestruturas, os veciños e veciñas de Viveiro sabemos ben o que é sufrir a falta de conexións, seguimos agardando por unha variante que permita desviar o tráfico pesado do casco, incluso despois de que a veciñanza chegase a un acordo de trazado e que dende a Xunta se aprobase, mais misteriosamente o señor Balseiro e compañía botaron todo por terra, pralizaron os trámites, deixaron pasar o tempo e agora aparecennos cunha megaponte sobre a ría sen ningunha previsión de prazos nin orzamentos” destacou a concelleira nacionalista.
Por útlimo, o número dous por Lugo, Daniel Castro, resaltou o futuro que lle espera a mocidade na comarca. Castro explicou que “falar do futuro desta comarca, do futuro dos mozos e mozas da Mariña. Que comarca lle espera á mocidade mariñá? -pregúntase- A comarca do paro, a comarca sen saídas laborais, a comarca dos peches de Ecar, Maderas Lorenzo, ECESA, Gres Burela, IPV, Macesa, Conservas Alonso, Muebles Hermida e Alcoa. Todos e todas sabemos que esta comarca que nos deixan é sinónimo de emigración, de avellentamento e de pouca prosperidade, mais isto o BNG non o vai permitir”. E Finalizaba con que o BNG négase a deixar que A Mariña morra e leve consigo a toda a mocidade que terá que seguir emigrando a outros territorios de dentro e fóra do Estado.























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



