Mañón, 29 de xullo, 2020. O sábado 1 de agosto, levarase a cabo a segunda parte de Petiscos do Camiño dos arrieiros lendas, patrimonio e biodiversidade. Actividade organizada por Nordés co obxectivo de dar a coñecer algúns dos puntos de interese desa ruta ancestral que comunicaba o porto de Vares con As Pontes, e que servía de eixo relacional e comercial ata que se abriron novos camiños e estradas e os medios de transporte foron evolucionando, levando a esta verea ata case a súa desaparición. Visitaremos:
09:20h. Punto de inicio: Reitoral de San Mamede das Grañas do Sor. Igrexa de Santa María de Mañón. Campo de Mámoas da Coriscada. Necrópole de Penabranca. Garita de Maeda
14:00h. Punto final: Porto de Bares
De novo contaremos con varias persoas expertas en distintos campos que teñen relación co patrimonio etnográfico, cultural, artístico-histórico e natural que se pode atopar ao longo do camiño e ás suas beiras, para seguir adiante neste proceso de recuperación que vai tomando forma pouco a pouco, e que esperamos dé os seus froitos a curto-medio prazo de tal xeito que o Camiño dos Arrieiros volte a ter nova vida, axudando así a que a bisbarra recupere alento con este proxecto de desenvolvemento longo tempo desexado.
Estarán con nós:
– Xosé María López Fernández, Documentalista e Técnico en Xestión Cultural de CULTUREUME SC.
– Antonio Martínez Pernas, Técnico Superior en Xestion e Organización dos Recursos Naturais
– Pepe Riola, investigador etnográfico das serras da Capelada e a Faladora.
– Probablemente, na Igrexa de Santa María de Mañón poderemos escoitar a Clotilde Lemoine, Conservadora-Restauradora de bens culturais.
A xornada é de balde para as persoas asociadas a Nordés e ten un custe de 2€ para aquelas que non o son.
A cantidade recaudada nesta actividade máis 50€ da asociación, serán doados, neste caso, ao Banco de Alimentos de Lugo. Este acto encádrase nunha decisión da asociación, consciente da complicada situación social na que nos atopamos, que se prolongará nas seguintes actividades.
IMPORTANTE: A asistencia está limitada a 25 persoas que terán que empregar os seus vehículos particulares para desprazarse.
Durante a actividade deberán seguirse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da COVID-19: empregar máscara, manter as distancias de seguridade interpersoal, etc.
Para anotarse: En asociacion.nordes@gmail.com indicando o teu nome das persoas que van asistir. Chamando ao 653756454 (Ricardo).











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



