Burela, 19 de agosto de 2020. A calidade das augas das praias de Ril e do Cantiño é excelente. Así o recollen os resultados das analíticas realizadas polo Sergas e remitidas hoxe o Concello de Burela. A contaminación microbiolóxica dos últimos días desapareceu polo que o baño nestes areais volve estar permitido, segundo a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo.
A edil burelesa comentou que “todas as persoas usuarias das praias de Ril e do Cantiño poden volver bañarse neses areais con todas as garantías, xa que a calidade das augas é excelente. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia procedeu a comunicarnos no día de hoxe a esta administración local que a situación temporal de contaminación microbiolóxica nas augas de baño, con presenza de enterococos intestinais e escherichia coli dos referidos areais, finalizou ou cesou restablecéndose os parámetros de calidade da auga necesarios para que o baño por parte das persoas usuarias non implique xa un risco para a saúde”.
Toñi Eijo engadiu: “neste sentido, e de acordo coa información que figura na web do Servizo Galego de Saúde, Sergas, o resultado dos controis analíticos das augas de baño das praias de Ril e do Cantiño, volve ter a cualificación de auga excelente para o baño e por tanto non representa risco algún para a saúde humana”.
A concelleira de Medio Ambiente subliñou que “o baño volve ser seguro e retorna a normalidade habitual ás praias de Ril e do Cantiño, tras dúas xornadas de contaminación temporal”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



