Lugo, 25 de agosto de 2020. A Rede Museística continúa a súa liña de museoloxía social, co proxecto 113+, unha iniciativa enmarcada dentro programa Culturas en Diálogo e que ten como obxectivo tecer redes coas persoas de diferentes nacionalidades que conviven no concello de Lugo.
O proxecto que consiste en investigar, documentar e visibilizar as diferentes nacionalidades e crear un diálogo social que destaque os valores positivos da migración. Foi presentado antes do confinamento retomouse durante a desescalada, mediante retratos feitos en colaboración coa fotografa cubana Eveling Ruiz, creando un retrato fusionado das persoas participantes e de obxectos escollidos que representen a súa orixe. Xa foron retratadas persoas de preto de 40 países.
Migración, Covid e Museos
Na mesma liña de traballo a Rede Museística organiza debates e obradoiros baixo o título: Migración, Covid e Museos, centrados no impacto da COVID-19 nas comunidades migrantes e na función dos museos escoitando as necesidades e facendo de altofalantes dos colectivos invisibilizados. Os debates celebraranse nos catro museos da Rede e a través da plataforma Zoom e poderán seguirse a través das redes sociais da Rede Museística.
O obradoiro presencial, celebrarase o xoves 27, nos xardíns do Museo Provincial. As participantes investigarán sobre as identidades e as desigualdades que provocan. Traballando coa exposición de Ali Ali, crearán o seu propio libro ilustrado que poña en valor a importancia da transmisión oral e a identidade cultural. Está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 10 anos, e para garantir a seguridade só hai 10 prazas. Para asistir é necesario anotarse a través do correo xerencia@museolugo.org.
26 de agosto: Museo Provicial do Mar: Como o están vivindo as persoas migrantes? Videoconferencia ás 23h.
27 de agosto: Museo de Lugo: Obradoiro para nenos e nenas. Ás 12h.
27 de agosto: Museo Fortaleza San Paio de Narla: Facendo Memoria do noso Rural Emigrante. Videoconferencia ás 23h.
28 de agosto: Pazo de Tor: COVID-19 e desigualdades. Videoconferencia ás 23h.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



