En abril de 2019 o PSOE gañou as estatais en Galicia. En maio o PP non acadou alcaldía ningunha nas principais vilas, fóra da trapalleira-e dupla- coalición ourensá que lles garantiu a Deputación malia perder a absoluta, en troques da alcaldía da cidade das Burgas a prol do Jácome. As outras tres Deputacións e máis as principais vilas ficaron fóra do PP. Na outra volta das estatais de novembro de 2019 empataron na práctica PSOE e PP, mais o trunfo das forzas progresistas sobre o conxunto dos votos do PP, Cs e Vox foi notábel, de máis de seis pontos porcentuais.
Contra febreiro e primeiros de marzo deste ano as enquisas sinalaban a posibilidade real de que o PP perdese a maioría absoluta, mais xa reflectían unha forte recuperación do PPdeG. Desque Feijóo convocou as eleccións do 12-X, xa na segunda metade de maio, ningunha enquisa dubidou da súa nidia maioría absoluta.
É evidente, pois, que o plus para a absoluta gañouno Feijóo coa súa xestión da pandemia ou, moito mellor dito, coa conclusión que quitou a cidadanía galega da súa xestión da pandemia. Porque Feijoo declarou a emerxencia sanitaria cando Pedro Sánchez xa anunciara que ía declarar o estado de alerta constitucional, mais ficou na conciencia do País que Feijóo se adiantaba. Despois, as dúbidas e inconsecuencias do Mando Único potenciaron a avaliación pública da súa xestión, malia as feblezas que as súas retalladas dende 2009 causaron na sanidade pública galega e a súa inacción fronte ao pesadelo dos contaxios en moitas residencias privadas da terceira idade. Contribuiu, sen dúbida, que a pandemia chegou tarde, canda o espallamento poboacional. Mais sectores importantes da cidadanía consideraron que Feijóo non fallara. E que, como dicía Íñaki de Loiola, fundador dos xesuitas, “cómpre non facer remuda en tempos de convulsión”.
Contribuiu, sen dúbida, o sentido da responsabilidade da oposición (nomeadamente o sentido do País do BNG) ao se pór a carón do Goberno galego na xestión da pandemia. Mesmo até lle permitir suspender unhas eleccións convocadas para o 5-A imposíbeis de celebrar, mais retendo exclusivamente a competencia para volver convocalas, competencia que a oposición nunca lle debeu conferir senón contaba co voto favorábel de, polo menos, dous grupos da Deputación Permanente. Outravolta, Feijóo amosou ser un xogador de vantaxe que aproveita calquera circunstancia, convocvvando as eleccións para unha data que non era segura sanitariamente, mais que era a que máis lle conviña electoralmente.
Na suma deste plus cara a absoluta, contribuiu tamén a dirección federal do PSOE e o Goberno do Estado, coas súas públicas louvanzas á xestión de Feijóo e co seu desleixo a respecto do PSdeG, até o ponto de faltar Sánchez Pérez-Castejón ao peche de camnpaña en Vigo por mor dunha oportuna avaría mecánica do seu avión.







López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



