Máis dunha vez teño sentido que cousas que para min eran exitosas, para outra xente non o eran, e viceversa. Aí entran gustos, perspectivas, intereses… ó fin, diferentes criterios. Pero se a nivel particular podemos inferir todos eses flecos que fan diversa a resposta, podemos facelo asemade a nivel social? E con algo relacionado coa economía?
Estamos xa afeitos ós rifirafes partidarios onde un grupo cualifica algo como éxito mentres que outro partido o cualifica de fracaso, mentres nos preguntamos se se están a referir ó mesmo, obviando que os criterios non teñen por que ser os mesmos -deberan, para aclarármonos-, e moito menos aínda, teñen por que ter o mesmo interese en dicir a verdade -cada vez máis, asúmese a mentira sen máis-. Aínda así, suponse que hai actuacións con resultados medibles, e no ámbito económico, parece que os resultados medibles serían un seguro contra esa posible, asegurada, dicotomía de pareceres. Ao menos, para limar diferenzas. Evidentemente, non ocorre así. Mesmo cando hai resultados numéricos, a interpretación pode ser radicalmente diferente por moitas razóns: sexa que os datos se comparan con outros conxuntos de datos que son diferentes para cada xuíz (poñamos, uns escollen para comparar datos moito mellores e outros moito peores), sexa que hai quen colle a media para dicir que todo vai máis ou menos ‘avanzando’ mentres outros collen a dispersión ou a mediana para dicir que ese avance só beneficia a unhas poucas persoas do conxunto social, sexa…
Parece pois que todo éxito estaría sometido á relatividade. Aínda lembro unha campaña turística cun lema/hashtag, #Ribadeoxqsi, que nas procuras en internet tiña moitos menos resultados devoltos que o nome do alcalde ou que o meu, a máis de ser usado polo mesmo concello ás veces con i e ás veces con í. Foi cualificada de éxito, mesmo no seu lanzamento, aínda que nunca vin nada, nin daquela nin despois, que o xustificase.
Ven o anterior a conto da nova app da asociación do comercio ribadense, ACISA. Comezou sendo anunciada en prensa en febreiro para a súa disposición en marzo, e por fin foi presentada o 3 de agosto con participación institucional. Tres días despois, unha nota da asociación de comerciantes indicaba que fora descargada 400 veces e era coñecida por 20 000 persoas. Ou sexa, un éxito. Se non fose porque non teño nada claro como mediron o coñecemento por 20 000 persoas, e se a relación é de 400 descargas por 20 000 persoas, significa un 2 % de penetración na zona de maior influencia de Ribadeo, a que de xeito lóxico antes se apercibe, o que non parece moito éxito en si. A iniciativa, moi convinte dende hai tempo e practicamente imprescindible nos tempos que vivimos, chegoume, antes que pola nova de súa posta en marcha, polas críticas. Cousas como o rexistro obrigado con cesión de datos a terceiras partes, un aviso legal antes en inglés que en castelán e quizais interpretable de xeito lixeiramente diferente, ou non ter a axenda de eventos do concello, mellorables na próxima versión aínda que non sexa xa unha beta de proba, súmanse outras que poderiamos chamar estruturais. É dicir, outras cousas como que hai máis comercios que non están en ACISA pero si en Ribadeo, e cuxo movemento beneficia a todos, incluída a posible competencia en ACISA, ou a propia idea de saída, que se pode ler no cartel da presentación, app ‘da hostalería’ (primeiro) ‘e o comercio’ (separado, despois) de Ribadeo. Así as cousas, parece claro que pode ser un ‘éxito’, pero non abondar como tal éxito.








López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



