Vai rematando o verán, e no ciclo estacional, achegándose o outono. Un ano máis, como se ven producindo por milenios e miles de milenios. Normal… aparentemente.
De sempre, por pequenas flutuacións, non hai dous anos iguais, dos outonos iguais… por moito que a Terra siga a ter equinoccios ou solsticios periódicos virtualmente idénticos. É momento de traer a colación aquelo de que non volveremos ver o mesmo río: a auga será outra, e nós, tamén. E iso, en situación ‘normal’.
Traio a definición de normal do dicionario da RAG, e collo a primeira acepción, a máis axeitada ó caso: “Conforme á norma, ao que é o máis frecuente ou habitual”. Máis frecuente… pero unha frecuencia pode variar. As frecuencias varían. E así, agora é máis frecuente que veña unha vaga de calor do que o era hai uns anos. A un conxunto de feitos como ese, de cambios de frecuencias de fenómenos climáticos, e outros feitos asociados, chamámoslle cambio climático. E agora, estamos en pleno cambio doutro tipo de frecuencias, variando outra normalidade. Ou é que hai tan só un ano era frecuente ver pola rúa á xente con máscara? Aínda no antroido, coa diversidade de máscaras, eran minoría. Unha frecuencia que ten variado. E con ela, outros cambios pequenos ou grandes, sutís ou non tanto, que están a sentar as bases dunha normalidade con frecuencias diferentes. E dun deseño social tamén diferente. E económico. E si, tamén político, por moito que poda vir con máis atraso, a remolque, ó poder concitar máis defensa á nosa costa. Que todos os cambios nas frecuencias en que suceden / facemos que sucedan as cousas sexan para ben ou para mal, iso xa é fariña doutro costal.
Onte mesmo, na presentación dun libro, o autor chamábase á historia, a que o renacemento viñera despois da peste, ou os sistemas públicos de saúde despois da gripe española, para manter a afirmación de que a crise deixará un mundo mellor, aínda que quizais non de xeito inmediato. E despois lembráballe eu que o xuízo sobre esas melloras facíamolo nós, a posteriori, os supervivintes nese novo mundo, os afeitos a el, dende a nosa perspectiva. Chegarían ó mesmo resultado positivo as persoas que sufriron a época da peste ou da gripe española? Hoxe podemos dicir que o renacemento representou unha mellora indiscutible en moitos campos, o mesmo que o establecemento dun sistema universal de saúde. Pero, seguro que non terían chegado cambios mellores ou máis rápido, ou outros, se non se tivera sufrido a peste ou a gripe española?
Non, a normalidade non voltará, porque en certa forma, non temos saído dela; sinxelamente, estase a transformar, coma sempre, pero máis rápido. Non sei por que medio chegou a min uns hai días unha frase de Victor Hugo que me deixou pensando: “Cal é o perigo da situación actual? A ignorancia, aínda máis que a miseria.” E si, a ignorancia, máis aínda a ignorancia miserenta -a que fai alarde- é un auténtico perigo ‘aquí e agora’. Mais tamén representa un perigo para o futuro a ignorancia como sociedade, a ignorancia voluntaria dos nosos propios recursos para mellorar unha situación. E ese é un feito que se está a producir cada vez máis a miúdo, en base a intereses particulares considerados por riba dos intereses xerais. Non temos normalidade á que voltar, pero mentres cambiamos o normal, seguimos a cargarnos a nosa bonita terriña.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



