É unha realidade que a pandemia mundial igualounos a todos, calquera está sometido ao cambio de paradigma de vida, e por suposto calquera está sometido tamén ao estrés de poder ser vítima do nefasto virus. No relativo á relación persoal e individual isto é así, non ten replica. Se cadra, esta visión, é tamén a que pretende o nacionalismo español para a xestión do Estado, que eles ven como bloque monolítico.
Na recente “cimeira da bandeiras” con escenografía internacional entre o goberno de Madrid e o do Estado case parecía que España era só Madrid e Madrid é a única España, mais iso non é certo, porén o intento está enriba da mesa e as xestións sucesivas no plano homoxeneizador así o reflicten.
Xa foi sorprendente a posta en escena, dándolle a capitalidade un rango dende sempre negado a Euskadi, Cataluña e como non a Galicia, pero máis incrible é a acordo de igualar todas as urbes de máis de 100 mil habitantes nas decisións sobre a pandemia. Eu acredito nun marco estable de medidas xerais, é unha boa solución, pero é lóxico igualar as cidades como se todas fosen Madrid? Aplicara Ourense as restricións sobre o Metro? Regulara Madrid o acceso a zonas termais e o acceso aos areais como A Coruña ou Vigo. Neste punto aclarar que xa sei que cada Concello pode propor e tomar medidas, mais o que preocupa é a propia manobra política de dar unha saída á Presidenta de Madrid cunha decisión política que no fondo vai contra a identidade dos pobos, iso é o grave.
Porén a manobra so valeu ao goberno do Estado para recibir unha vez máis dende Madrid unha posición antagónica nas medidas e desleal na negociación, buscando seguir confrontando dous modelos de Estado e de sociedade coa pandemia como arma, que insensatos, aos que pouco lle importa o resto de cidades. É hoxe por hoxe Ayuso, unha amizade tóxica para Feijoo, que nun movemento táctico político apoia as medidas propostas por Madrid, ollo non na defensa de Galicia e o noso, senón por interese de partido , e iso non é xestión. Aínda que coido que a Feijoo as amizades tóxicas pouco o preocupan, xa tivo moitas.
É unha mesquindade que os Partidos sigan a facer política coa COVID-19 mais é o tempo que nos toca vivir e os políticos que en sorte temos.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



